GUÍA DE LECTURA

Un libro, un conto, algo para ler... sempre é un bo agasallo.
Aqui tedes algunhas recomendacións






xoves, 20 de decembro de 2018

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Un ano máis o ENDL e Biblioteca, organiza esta actividade creativa co gallo de felicitar estas festas aos máis queridos.


As postais seleccionadas foron as de:
Antía Camino Rodríguez (4º de infantil)
Ailyn Gonzalo García (5º de primaria).


Todas son gañadoras!

mércores, 19 de decembro de 2018

ECO-MUNDI INFORMA

Antes de comprar, párate a pensar se ao refugallo lle podes dar unha oportunidade. 
Aqui tedes algunhas ideas que fomos elaborando para decorar, agasallar, xogar...
Xogos de taboleiro
pizarras borrables
botes para lapis
 carteiras
adornos de nadal
xogo de bolos
tres en raia...




Canto custa este xoguete? ... 0 euros e sorrisos? ... 1000



luns, 17 de decembro de 2018

OS ELECTRECOS VISITAN VISTAHERMOSA

Os Electrecos, superhéroes da reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), visitaron o CEIP de Vistahermosa para explicar aos alumnos/as de 3º, 4º e 5º de primaria, o correcto tratamento destes residuos, ao tempo que están a recrutar novos superhéroes... Esperamos que de Vistahermosa saian moitos  defensores do planeta.


Queres pertencer aos Electrecos? Preme ma imaxe e segue os pasos


sábado, 8 de decembro de 2018

VIAXAMOS A... ITALIA

"Viaxamos a Italia", foi o proxecto que propuxemos dende a Biblioteca para este 1º trimestre.
Como motivación partiuse dun libro de lapelas sobre os contidos a tratar e unha exposición na entrada do colexio con libros, maquetas, gastronomía, xogos...
APRENDEMOS SOBRE...
- A localización no mapa
- Antiga Roma
- Arquitectura romana: Coliseo, circo romano, acueducto, calzada romana, mosaicos, termas...)
- Vocabulario: Gladiador, patricio, anfiteatro, cuádriga...
- Numeración Romana
- Gastronomía: Pasta-antipasto, zumes de fragola, pomodoro, anguria, pompelmo)
- Cultura musical: "Dove il pollice", "Ciao Belinda"
- Rimas: Sole, sole Benedetto.
- Xogos do tempo dos antigos: "Tres en raia"
- Leonardo da Vinci (O Home de Vitruvio)
- Pintura (Leonardo da Vinci, Giusepp Arcimboldo)
- Curiosidades: Tria Nomina

RESUMO DE ACTIVIDADES

Mural: Que sabemos? Que queremos saber?

Calzada Romana

Ciao Belinda , cancion-xogo popular italiana.


Giuseppe Arcimboldo (1527-1593). Recordamos a este artista como: "Imaxinación desbordada".
Hoxe coñécese polas súas cabezas creativas formadas por froita, verduras, animais, objectos... colocados de tal xeito que forman facianas.
Esta é a interpretación que fixeron os alumnos/as de infantil da súa obra.



Especial Leonardo da Vinci (1452-1519). Gran xenio do saber, foi considerado como a persoa con maior talento en múltiples disciplinas. Exemplo de polimatía.                                                                                                                                       
O HOME DE VITRUVIO

PREME NA IMAXE PARA SABER MÁIS


LISA NO SAMAÍN (Interpretación do cadro, Mona Lisa)

PREME NA IMAXE PARA VER ESTA ACTIVIDADE PLÁSTICA


SABÍAS QUE... ESTAS CREACIÓNS SON DE LEONARDO DA VINCI??

luns, 3 de decembro de 2018

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

Este mes de ciencia ábrese coa publicación do manifiesto, asinado por Luís Navarro, Profesor titular de Bioloxía da Universidade de Vigo, integrante do grupo Divulgare, da mesma universidade, e ten frases lapidarias coma esta que moito lle agradecemos:  "Para ser libre mediante a cultura, igual ca para facer boa ciencia, hai que ler".  

Para saber máis 


Dende a Biblioteca animouse a practicar ciencia. 

Estas foron as actividades:

- Visita dun experto en sistema solar: Ricardo Escudero Cid

O alumnado de 3º de primaria levou a cabo un pequeno proxecto sobre O espazo. A partir del, planificaron o deseño dun sistema solar segundo os datos técnicos atopados nas diferentes fontes de información.
Unha vez rematado, tivemos a sorte de que un científico experto na materia nos acompañase nunha sesión. Foi unha moi boa experiencia na que lle expuxemos o que aprendéramos e onde resolvimos moitas dúbidas! 
Por que non vemos todas as estrelas no ceo? 
Hai vida noutros planetas? 
Por que non cae a auga da Terra? 
Que pasa cando as estrelas morren?
Ao rematar, como sorpresa, recibimos un agasallo: unha maqueta do sistema solar feita a escala real!



MOITAS GRAZAS !!


- Observar é máis que mirar

Preme nos enlaces para ver as prácticas que fixeron os alumnos/as en ciencias.






- Experimentos :
  •  Volcán de lava (Reaccións)
  •  O globo que incha só (Reaccións)
  •  O baile das pasas (Nun medio gasoso)
  •  Ovo saltarín (Reacción química)
  •  Lámpada  de lava (Densidades)
  •  Arco da vella (Densidades)
  •  Osiños mutantes (Disolucións)
  •  Xogo de estimación matemático
  • Botella de calma (Observación-emoción- calma)
  • Tinguir arroz (Absorción)
  • Vela e auga que sube (Presión atmosférica)
  • Realidade aumentada (Maxia a través do smartphone)
  • Arco da vella (Densidades)
  • ...
    
   Botella de Calma
     
  Lámpada de lava
Volcán de lava e globo que incha só


O Baile das pasas

Vela e auga que sube

             Ovo saltarín (Ás veces os experimentos non saen ben!!)


Realidade aumentada. A través do smartphone, 
as bolboretas saen do debuxo que pintaron os nenos/as


Os alumnos/as de infantil contaron as castañas ante os nenos/as de primaria, por decenas, así conseguiron chegar ata o número 177. As gañadoras de este xogo de estimación foron as que máis se aproximaron: Belén (comedor) e Iria (6º de primaria) que estimaron 180.


- Exposición e observación de experimentos


- As familias tamén participaron, gravando aos seus fillos/as científicos/as.