venres, 21 de decembro de 2018
xoves, 20 de decembro de 2018
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
Un ano máis o ENDL e Biblioteca, organiza esta actividade creativa co gallo de felicitar estas festas aos máis queridos.
As postais seleccionadas foron as de:
Antía Camino Rodríguez (4º de infantil)
Ailyn Gonzalo García (5º de primaria).
Todas son gañadoras!
mércores, 19 de decembro de 2018
ECO-MUNDI INFORMA
Antes de comprar, párate a pensar se ao refugallo lle podes dar unha oportunidade.
Aqui tedes algunhas ideas que fomos elaborando para decorar, agasallar, xogar...
Xogos de taboleiro
pizarras borrables
botes para lapis
carteiras
adornos de nadal
xogo de bolos
tres en raia...
Canto custa este xoguete? ... 0 euros e sorrisos? ... 1000
luns, 17 de decembro de 2018
OS ELECTRECOS VISITAN VISTAHERMOSA
Os Electrecos, superhéroes da reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), visitaron o CEIP de Vistahermosa para explicar aos alumnos/as de 3º, 4º e 5º de primaria, o correcto tratamento destes residuos, ao tempo que están a recrutar novos superhéroes... Esperamos que de Vistahermosa saian moitos defensores do planeta.
Queres pertencer aos Electrecos? Preme ma imaxe e segue os pasos
sábado, 8 de decembro de 2018
VIAXAMOS A... ITALIA
"Viaxamos a Italia", foi o proxecto que propuxemos dende a Biblioteca para este 1º trimestre.
Como motivación partiuse dun libro de lapelas sobre os contidos a tratar e unha exposición na entrada do colexio con libros, maquetas, gastronomía, xogos...
APRENDEMOS SOBRE...
- A localización no mapa
- Antiga Roma
- Arquitectura romana: Coliseo, circo romano, acueducto, calzada romana, mosaicos, termas...)
- Vocabulario: Gladiador, patricio, anfiteatro, cuádriga...
- Numeración Romana
- Gastronomía: Pasta-antipasto, zumes de fragola, pomodoro, anguria, pompelmo)
- Cultura musical: "Dove il pollice", "Ciao Belinda"
- Rimas: Sole, sole Benedetto.
- Xogos do tempo dos antigos: "Tres en raia"
- Leonardo da Vinci (O Home de Vitruvio)
- Pintura (Leonardo da Vinci, Giusepp Arcimboldo)
- Curiosidades: Tria Nomina
RESUMO DE ACTIVIDADES
Ciao Belinda , cancion-xogo popular italiana.
Giuseppe Arcimboldo (1527-1593). Recordamos a este artista como: "Imaxinación desbordada".
Hoxe coñécese polas súas cabezas creativas formadas por froita, verduras, animais, objectos... colocados de tal xeito que forman facianas.
Esta é a interpretación que fixeron os alumnos/as de infantil da súa obra.
Especial Leonardo da Vinci (1452-1519). Gran xenio do saber, foi considerado como a persoa con maior talento en múltiples disciplinas. Exemplo de polimatía.
luns, 3 de decembro de 2018
NOVEMBRO MES DA CIENCIA
Este mes de ciencia ábrese coa publicación do manifiesto, asinado por Luís Navarro, Profesor titular de Bioloxía da Universidade de Vigo, integrante do grupo Divulgare, da mesma universidade, e ten frases lapidarias coma esta que moito lle agradecemos: "Para ser libre mediante a cultura, igual ca para facer boa ciencia, hai que ler".
Para saber máis
Dende a Biblioteca animouse a practicar ciencia.
Estas foron as actividades:
- Visita dun experto en sistema solar: Ricardo Escudero Cid
O alumnado de 3º de primaria levou a cabo un pequeno proxecto sobre O espazo. A partir del, planificaron o deseño dun sistema solar segundo os datos técnicos atopados nas diferentes fontes de información.
Unha vez rematado, tivemos a sorte de que un científico experto na materia nos acompañase nunha sesión. Foi unha moi boa experiencia na que lle expuxemos o que aprendéramos e onde resolvimos moitas dúbidas!
Por que non vemos todas as estrelas no ceo?
Hai vida noutros planetas?
Por que non cae a auga da Terra?
Que pasa cando as estrelas morren?
Ao rematar, como sorpresa, recibimos un agasallo: unha maqueta do sistema solar feita a escala real!
Ao rematar, como sorpresa, recibimos un agasallo: unha maqueta do sistema solar feita a escala real!
MOITAS GRAZAS !!
- Observar é máis que mirar
Preme nos enlaces para ver as prácticas que fixeron os alumnos/as en ciencias.
- Experimentos :
- Volcán de lava (Reaccións)
- O globo que incha só (Reaccións)
- O baile das pasas (Nun medio gasoso)
- Ovo saltarín (Reacción química)
- Lámpada de lava (Densidades)
- Arco da vella (Densidades)
- Osiños mutantes (Disolucións)
- Xogo de estimación matemático
- Botella de calma (Observación-emoción- calma)
- Tinguir arroz (Absorción)
- Vela e auga que sube (Presión atmosférica)
- Realidade aumentada (Maxia a través do smartphone)
- Arco da vella (Densidades)
- ...
Botella de Calma
Lámpada de lava
Volcán de lava e globo que incha só
O Baile das pasas
O Baile das pasas
Vela e auga que sube
Ovo saltarín (Ás veces os experimentos non saen ben!!)
Os alumnos/as de infantil contaron as castañas ante os nenos/as de primaria, por decenas, así conseguiron chegar ata o número 177. As gañadoras de este xogo de estimación foron as que máis se aproximaron: Belén (comedor) e Iria (6º de primaria) que estimaron 180.
- Exposición e observación de experimentos
- As familias tamén participaron, gravando aos seus fillos/as científicos/as.
domingo, 25 de novembro de 2018
25 DE NOVEMBRO
Celebramos un acto para amosar o noso REXEITAMENTO
a todo tipo de violencia.
Non faltaron os poemas, mensaxes, haikus, receitas Botrato, rap, lingua de signos para interpretar a canción "A porta violeta" de Rozalén e lectura por parte do profesorado do poema "Fortuna" de Ida Vitale, premio Cervantes 2018.
venres, 2 de novembro de 2018
SAMAÍN
Dámoslle publicidade á exposición de cabazas organizada polo equipo de normalización e dinamización lingüística (ENDL), do centro.
PARABÉNS AOS PARTICIPANTES!!!
Ambientación
LECTURA DOS RELATOS DE MEDO
xoves, 18 de outubro de 2018
SEMANA DA BIBLIOTECA
A Asociación Internacional de Bibliotecarios Escolares
(Internacional Association of School Librarianship, IASL), iniciou
no ano 1999 a convocatoria do Día Internacional da Biblioteca
Escolar, no cuarto luns do mes de outubro de cada ano, coa fin de
sensibilizar á sociedade sobre a importancia da biblioteca escolar
como recurso fundamental no proceso de ensino-aprendizaxe e
impulsar a súa presencia na institución escolar.
Para sinalar este día, os alumnos/as de 5º e 6º de infantil debuxaron a nosa mascota "LEMUNDI", o debuxo gañador fíxose en pegatina para repartir entre a comunidade educativa.
O gañador foi: SAÚL RUBÍN GÓMEZ (5º de infantil)
O gañador foi: SAÚL RUBÍN GÓMEZ (5º de infantil)
PARABÉNS!!
Por outra banda, o día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Van xa máis de dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo.
O lema deste curso é:
"POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR"
Nuria Díaz, ilustradora.
O longo do curso, Intentaremos descubrir a poesía: nas paisaxes, na música, no cine, nunha noite estrelada, no baile do vento na herba, nos seres minúsculos que só podemos ver a través do microscopio, nesa música que engaiola, na palabra dos poetas, na tradición oral, nun texto que nos traspasa e nos obriga a mirarnos, nesa persoa que nos axuda a abrir os ollos para ver o que nos rodea, no último descubrimento científico ...
ACTIVIDADES NA SEMANA DA BIBLIOTECA:
- Vouche contar un conto: "MARUXA". Contado pola profe Elisa para infantil
Despois de escoitar á profe Elisa, Xoel contou así de ben o conto de "Maruxa" aos nenos/as de 3º de primaria.
- Lectura dramatizada: "A fábula dos ratos mensaxeiros". Alumnos/as de 3º de primaria coa colaboración da profe Sabela.
- Aprende cos bee-bot na biblioteca.
- Teatro de sombras sobre o libro : JOMPIRÚ, de Gustavo Roldán. Contado pola profe Carmela.
- Deixa a túa opinión no taboleiro.
Que é unha Biblioteca para ti?
Cal é o teu libro preferido?
Disfruta esta semana na túa Biblioteca!
venres, 21 de setembro de 2018
BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO
LEMUNDI, a mascota da Biblioteca danos a benvida a toda a comunidade educativa, e recórdanos que abrirá as súas portas a partir do 1 de outubro.