sábado, 30 de outubro de 2021

MALETA CREATIVA

En outubro , coincidindo co mes da biblioteca escolar, a Asesoría de Bibliotecas Escolares e baixo o nome de MALETAS VIAXEIRAS, permite ás bibliotecas dos centros interesados a reserva de maletas de diferentes temáticas para levar en préstamo temporal, como apoio ás súas actividades.

Reservamos a "Maleta creativa", que estivo roldando polas aulas durante este mes. 







"Tangram Gato" chegounos na "Maleta creativa". Cun chisco de imaxinación convertémonos en narradores de historias dándolle vida a distintos personaxes creados coas sete pezas xogo do Tangram.


venres, 29 de outubro de 2021

O SAMAÍN NA BIBLIOTECA CREATIVA

 Accede ao espazo da "Biblioteca creativa", para ver as actividades realizadas polo samaín.



 Vampi-números


Scape Room de samaín


Escornabot emparella monstros




xoves, 28 de outubro de 2021

CONTACONTOS: AS BRUXIÑAS DA LETRA "ERRE"

As tres bruxas: Rebeca, Rocío e Ruperta, estiveron cos nenos e nenas de 1º de primaria comprobando a súa pronuncia coa "rr" e marcharon moi satisfeitas. 



sábado, 23 de outubro de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS


O 24 de outubro, celebrase o Día das Bibliotecas, baixo o lema "Bibliotecas: Ler, aprender e descubrir".
Nós aproveitamos esta conmemoración para presentar as novidades, o PDI que se vai a desenvolver ao longo do curso (ECOmundi) e algunhas recomendacións de lecturas, suxeridas polos alumnos/as.




Presentación de novidades por parte do equipo de biblioteca nas aulas:


Recomendacións de lecturas por parte dos alumnos/as:

- Douche a miña palabra. Fran Alonso. Ed, Xerais.

"...Como se chega a ser escritora ou escritor? Por que se escribe? Pódese vivir sen ler? Pódese aprender a pensar a través da lectura? Un libro orixinal para reflexionar sobre o superpoder da lectura e sentir a chamada das palabras".

E lectura adaptada do poema de Roberto Juarroz "A Biblioteca".


- Con calma: 50 historias de la naturaleza. Rachel Williams. Ed, Flamboyant

"...A nuestro alrededor, la naturaleza hace maravillas. Cada día, hora tras hora, suceden cosas mágicas ante nosotros. Pero no siempre es fácil verlas... Descubre 50 historias de la naturaleza y observa cómo se desarrollan. Luego sal y comprueba qué te encuentras cuando te tomas el tiempo para desacelerar."




venres, 15 de outubro de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS

 O 18 de outubro, celebramos o día das escritoras para ... "Reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia". 

Para este día a actividade que propoñemos é un xogo de pistas para descubrir a través dun texto, o libro e a súa autora. O xogo preséntase en dous formatos: online e presencial na biblioteca. 

Empeza a xogar xa!

Así foi como se desenvolveu a actividade na biblioteca.


En infantil, aprendemos cos contos das escritoras:

 Paula Carballeira, "Mateo". Despois de ler o conto fíxose un debuxo e unha actividade grafomotriz (Axudouse a Mateo a buscar o camiño que levaba a súa nai).

  Lucía Serrano. "Basura y más basura". Que pasa coas cousas que tiramos?, Por que é importante consumir de xeito responsable?, Podemos facer algo para coidar o noso planeta?

Despois da lectura do libro, reutilizamos unha folla de xornal para crear o corpo humano. 


Abenizamos o conto de Olga de Dios, "A ra de tres ollos". Sensibilizámonos co medio ambiente e contamos a montaña de cousas que fabricou  <A Fabrica de Cousas Novas>.


 

venres, 1 de outubro de 2021

1ª CITA CLUB DE LECTURA

 Os e as participantes do club de lectura, iniciaron a singradura deste novo curso moi animados/as a seguir lendo. Valoraron moi positivamente este libro de Ledicia Costas , malia consideralo un pouco triste nalgún momento.

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta.
Ledicia Costas

7ª Edición - Premio Lazarillo de Creación Literaria, 2015 - Premio Fervenzas 2016 ao Mellor Libro de Literatura Xuvenil -Premio Fervenzas 2016 Mellor Capa de LIX - Premio Gala do Libro Galego (Infantil/Xuvenil), 2017 - Premio The Withe Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2017 - Recomendado pola "Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade" da Xunta de Galicia

O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeadas dun halo de misterio. A chegada de Jules Verne á botica revolucionará as vidas desta singular familia. O tempo esgótase: a avoa Melisa está enferma e necesitan atopar unha cura. Mais hai ocasións en que non se pode loitar contra a forza da natureza. Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta é unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible.


 Na próxima reunión, en decembro, comentaremos un libro máis humorístico:

"Mil cousas poden pasar "de Jacobo Fernández Serrano. Ed. Xerais.


 Anímate e participa!!