mércores, 30 de novembro de 2022

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

 Durante este mes de novembro, habilitamos un "Recuncho cinetífico" na biblioteca. Con libros científicos, experimentos, contos sobre ciencia, xogos de ingenio, preguntas e respostas curiosas...



 Actividades científicas coa luz, a cor, o son, os sensores de ultrasóns e no laboratorio.

PREME NA IMAXE


Non faltaron os experimentos científicos:

- Que pasa cando metemos uvas pasas en gaseosa?

- Que pasa cando metemos un ovo ou un óso de polo en vinagre?

- Globo explosivo (Con ácido de laranxa).

- Lámpada de lava (Con auga, aceite e pastillas efervescentes).

- Microscopio para buscar números (Recipiente transparente, plantilla de números e un vaso de cristal).

- Area cinética - Area da lúa (Fariña, aceite de bebé e purpurina).


Area cinética

Microscopio



venres, 25 de novembro de 2022

#25N

Para celebrar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, realizamos diversas accións con espazos que promoven a igualdade de xénero, aproveitando a creatividade como ferramenta de expresión e de sensibilización.

-Durante a semana nas aulas funcionaron varios obradoiros:

- Deseña a túa camiseta.Taller de costura, deseño, patronaxe e moda.

-Murais e debuxos que se expuxeron por todo o centro.

-Globos con mensaxes para espertar unha actitude crítica cara a segregación por xénero, detectando prexuízos e estereotipos.





Celebramos un acto conxunto de todo o centro coas seguintes actividades:

-Lectura de frases de contramitos do amor romántico para crear relacións baseadas no respeto, na igualdade e na empatía. Fonte: Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e CIG-Ensino.

-Gardamos un minuto de silencio, sumándonos á proposta do "Observatorio galego contra a violencia de xénero"

-Cantamos e acompañamos con lingua de signos e percusión corporal a canción de Rozalén "A porta Violeta"

Fai clic na imaxe para ver máis


Actividades realizadas en colaboración dos equipos: Actividades Extraescolares, EDNL e Biblioteca

1ª CITA CLUB DE LECTURA

 Iniciamos as xuntanzas do club de lectura en  6º, comentando o libro : "Mil cousas poden pasar", de Jacobo Fernández Serrano. Ed. Xerais.



... Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009.



Os/as participantes, calificaron esta obra como orixinal e creativa.



Na próxima cita falaremos do libro
"El gran gigante bonachón" de Roald Dahl. Ed. Loqueleo.

 ANIMÁDEVOS!

venres, 11 de novembro de 2022

RECEITAS CON CASTAÑAS

RECEITAS CON CASTAÑAS, actividade do PDI " A cociñar", cociña festiva.

Torta de castaña, flan, biscoito, marron glacé, cremas...



RECEITAS EXTRAVAGANTES CON CASTAÑAS

O alumnado de 6º mestura tecnoloxía e cociña. A actividade consistía en escribir unha receita graciosa e variopinta con algunhas condicións: tiña que levar castañas como ingrediente e debía ser escrita cunha orde lóxica de pasos.

Despois de publicar, cada grupo, a súa receita, debían comentar e valorar as receitas dos demais respectando sempre a Netiqueta.

Actividade de biblioteca creativa dentro do itinerario do PDI "A cociñar" (Cociña festiva: receitas con castañas).

PREME NA IMAXE PARA VER AS RECEITAS