luns, 29 de maio de 2023

SEMELLANTES E SIMETRÍAS

Adaptación dun texto de libros de lecturas antigas. 

O guerreiro do Amencer e o guerreiro do Solpor combatían ata que o sol os puxo de acordo. A partires de entón, os dous gerreiros voan xuntos ao solpor , convertidos nunha fermosa bolboreta. 

Escenificado na mesa de luz.



venres, 26 de maio de 2023

"FEO" de Caramuxo teatro

O alumnado de infantil, asistiu ao auditorio municipal para ver a obra de teatro "FEO" da compañía Caramuxo teatro, dentro do programa de actividades escolares Afundación.

Inspirado no conto "O Parrulo Feo" de Hans Christian Andersen. A pequena fábrica de parrulos de goma (Papero Giallo) produce todos os días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un día sae un parrulo diferente...

A obra é un canto á diversidade e á reivindicación da esencia propia, incidindo na importancia de coñecérmonos e aceptármonos como somos.


xoves, 18 de maio de 2023

COCIÑA SAUDABLE

 "Cociña saudable", formaba parte do contido do PDI, que desenvolvimos ao longo de todo o curso.

O xoves 4 e 11 de maio ás rapazas e rapaces de 1º, 2º e 3º de Primaria recibiron a visita da nutricionista do Centro de Saúde para realizar a actividade "Garavanciño come saniño".

Tratouse dunha charla e obradoiro de xogos didácticos nos que traballaron a pirámide dos alimentos e a dieta equilibrada.

Toca na imaxe para acceder á galería.


RECEITAS SAUDABLES E REFRESCANTES:

- Ensalada de garavanzos, (Garavanzos, leituga, tomate cherri, atún, olivas, aliño ao gusto).



- Limonada, (Auga, zume de limón e sirope de ágave).