mércores, 20 de decembro de 2023

GUÍA DE LECTURA

Se queres agasallar: Aventuras, soños, aprendizaxes... 

Podes atopalo nos libros. 

Bo Nadal Lector!

AUDIOCONTOS

As nenas e nenos de 5º de Primaria estiveron traballando moito para realizar este audioconto. Esperamos que vos guste.




martes, 19 de decembro de 2023

luns, 18 de decembro de 2023

OBRADOIRO DE NADAL

 Polo Nadal realizamos diferentes obradoiros:

- Empaquetado creativo de libros.



- Marcapáxinas con retallos de tea.


- Libretas decoradas.


- Calendario de advento con material de refugallo. Cada día terás un reto matemático. Reutilizamos o calendario para meter mensaxes agarimosas e desexos de Paz.



- Adaptación do conto "La fábrica de turrón". Valeria Kiselova Savrasova.




"POLO NADAL, LER E TROCAR, TROCAR E LER"

 Campaña  solidaria e reciclaxe: "Troco de libros".



luns, 11 de decembro de 2023

ENCONTROS COA ESCRITORA

 Hoxe  visitounos a escritora de libro infantil e ilustradora Estefanía Padulles.

Contounos á vez que debuxaba: "Leopoldo, o pequeno monstro" e "A manchas ou a raias?"


          


xoves, 30 de novembro de 2023

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

 O longo deste mes,  o alumnado de 6º participa na Misión Alba, un proxecto científico con 4 etapas nas que hai que ir resolvendo retos.

Visualiza as 9 diapositivas onde se mostran os diferentes experimentos realizados coa luz:


- CARREIRA MATEMÁTICA polo taboleiro, practicando o cálculo mental.


- EXPERIMENTAMOS COA CIENCIA.




sábado, 25 de novembro de 2023

25N

 Selección e exposición de lecturas sobre a temática: Igualdade, roles de xénero, respecto e non violencia...

Na biblioteca realizouse entre profes, unha lectura dramatizada sobre escenas da obra de Paula Carballeira, "As Alumnas".



venres, 10 de novembro de 2023

1ª CITA CLUB DE LECTURA

- Nesta primeira cita do "Club de lectura" de 6º, propúxose facer unha lectura dramatizada de dúas escenas da obra de Paula Carballeira "Somos os monstros" para logo ler o libro completo, comentalo e intercambiar opinións sobre a obra.


- O club de lectura de 5º, "Páxinas en Branco", reuniuse para comentar o libro: "La maravillosa medicina de Jorge" de Roald Dahl.

Comentouse sobre o escritor, a historia do libro, descrición de personaxes e opinión xeral...


Nun obradoiro de BOOKTRAILERS, impartido por Roi Guitián, gravouse e editouse un trailer do libro.


luns, 30 de outubro de 2023

OBRADOIRO DE BOOKTRAILERS

 Lectura e creación audiovisual                                    

Roi Guitián, guiou ao alumnado de 5º neste reto: gravar e editar o trailer dun libro.


Os pasos que seguimos foron os seguintes:

-A rapazada, en grupos de 3 ou 4 escolleron un libro e fixeron un storyboard (debuxando e/ou escribindo o que querían gravar).

A continuación fixeron a gravación coa tablet en diferentes escenarios do centro e logo editaron o vídeo coa aplicación CapCut. Se fasclick nos elementos interactivos poderás visualizar os 6 booktrailers.

Estes son os primeiros booktrailers pero seguro que virán moitos máis!


luns, 23 de outubro de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Sabías por que, hoxe 24 de outubro, celébrase o Día das Bibliotecas? En conmemoración da destrución da Biblioteca de Saraievo durante a guerra dos Balcáns en 1992.

A biblioteca escolar é o espazo de referencia de recursos de lectura, da información, xogo, creatividade e da aprendizaxe.

 As actividades na biblioteca para este día foron:


Para INFANTIL.-

1.- CONTACONTOS 

¡SE BUSCA! LILI LA LIEBRE, LADRONA DE LIBROS de Emily Mackenzie.

Lili es una liebre con una gran afición que si no controla la llevará por el mal camino... Y es que se la busca bajo sospecha de mangar novelas, desaparecer con diccionarios, adueñarse de poesías y quitar cómics y libros de cocina. Se la vio por última vez en casa de Arturo. ¿Nos ayudas a encontrarla? Una historia maravillosamente divertida sobre el amor por los libros.


2.- A BIBLIOTECA COMO ESPAZO DE XOGO.

O alumnado de infantil disfrutou dunha sesión de xogos cooperativos na biblioteca.

FAI CLIC NA IMAXE


Para PRIMARIA

1.- ENCONTROS CO ESCRITOR:

Manuel Fontemoura, autor do libro "A nena do vestido de flores", visitou Vistahermosa para compartir: reflexións e diversión co alumnado de 2º, 5º e 6º de primaria.


Ademais de escoitar e conversar, os nenos e nenas dramatizaron as historias que Manuel lles contou.




Resultou enriquecedor e levounos ao compromiso de acompañar nos recreos a nenos e nenas que non teñan con quen xogar.



2.- A BIBLIOTECA COMO ESPAZO DE XOGO.

O alumnado de 1º de primaria, disfrutou dunha sesión de xogos cooperativos na biblioteca.


RETOS CREATIVOS

 Dende a Biblioteca creativa, proponse os seguintes retos: 

- RETO 1

Deseña, comstrúe un circuito para o beebot, no que haxa unha ponte.



- RETO 2

Contrúe un kamishibai, con material de refugallo para contar historias.




O SECUESTRO DA BIBLIOTECA

 Algo pasa na biblioteca de Vistahermosa...

venres, 13 de outubro de 2023

"UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS"

 Este é o lema que propón a Asesoría de bibliotecas escolares, para  este curso.

Pois así comezamos,  construindo libros xigantes de fábulas e contos clásicos en viñetas.






xoves, 8 de xuño de 2023

GUÍA DE LECTURA PARA O VERÁN

 Aquí tedes as nosas recomendacións lectoras para este verán.

luns, 29 de maio de 2023

SEMELLANTES E SIMETRÍAS

Adaptación dun texto de libros de lecturas antigas. 

O guerreiro do Amencer e o guerreiro do Solpor combatían ata que o sol os puxo de acordo. A partires de entón, os dous gerreiros voan xuntos ao solpor , convertidos nunha fermosa bolboreta. 

Escenificado na mesa de luz.



venres, 26 de maio de 2023

"FEO" de Caramuxo teatro

O alumnado de infantil, asistiu ao auditorio municipal para ver a obra de teatro "FEO" da compañía Caramuxo teatro, dentro do programa de actividades escolares Afundación.

Inspirado no conto "O Parrulo Feo" de Hans Christian Andersen. A pequena fábrica de parrulos de goma (Papero Giallo) produce todos os días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un día sae un parrulo diferente...

A obra é un canto á diversidade e á reivindicación da esencia propia, incidindo na importancia de coñecérmonos e aceptármonos como somos.


xoves, 18 de maio de 2023

COCIÑA SAUDABLE

 "Cociña saudable", formaba parte do contido do PDI, que desenvolvimos ao longo de todo o curso.

O xoves 4 e 11 de maio ás rapazas e rapaces de 1º, 2º e 3º de Primaria recibiron a visita da nutricionista do Centro de Saúde para realizar a actividade "Garavanciño come saniño".

Tratouse dunha charla e obradoiro de xogos didácticos nos que traballaron a pirámide dos alimentos e a dieta equilibrada.

Toca na imaxe para acceder á galería.


RECEITAS SAUDABLES E REFRESCANTES:

- Ensalada de garavanzos, (Garavanzos, leituga, tomate cherri, atún, olivas, aliño ao gusto).



- Limonada, (Auga, zume de limón e sirope de ágave).



xoves, 27 de abril de 2023

3ª CITA CLUB DE LECTURA

 Nesta nova cita do club de lectura, comentouse o libro "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta" de Ledicia Costas.

Logo, escolleron algún dos seus libros favoritos para recomendarllos aos seus compañeiros/as.



luns, 24 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO

 Durante esta semana, para conmemorar o día do libro, fixéronse actividades diversas:

- Apadriñamento lector.  As lectoras e lectores ocupáronse de ir buscar aos seus pequenos, saír a un recuncho do patio e pasar un rato lendo, imaxinando e intercambiando contos.


- "Comida de cuento" de Arancha Perpiñan. Despois de ver o conto , os nenos/as de 1º, programaron o beebot para asociar cada conto clásico co seu alimento e mentres o beebot facía o percorrido contaban un pequeno resumo ou anécdota do conto. 

En infantil asociaron cada conto co seu alimento, programando o escornabot.






- ... Instruccións para curar un libro doente. Seguindo as indicacións de Paula Carballeira, nenos e nenas de 5º de primaria, visitaron as clases de 2º,3º e 4º, para recomendarlles como coidar dos libros.

- Como tódolos anos polo Día do Libro, a Dra. Cecilia, visitou as aulas de infantil para comprobar o benestar das bibliotecas de aula. Despois de medir a febre aos libros, tomarlles a tensión, vacinar contra o mal trato... chegou á conclusión que o alumnado de infantil sabe moi ben como coidar e disfrutar dos seus libros; por iso levaron o distintivo "Corazón Verde", a máxima puntuación.


- Materiais elaborados.

mércores, 29 de marzo de 2023

MUSEO ENCAIXADO

 Xa estamos preparando as nosas creacións para conmemorar "O día da Arte" (15 de abril). 

O alumnado de 1º de primaria coa axuda da súa mestra, versionou obras moi coñecidas reciclando materiais e montaron o seu propio Museo Encaixado. O resto do alumnado do centro participou nunha visita guiada e actividades creativas.

ARCOvista, é  arte contemporáneo que o alumnado de infantil foi creando  a partir dun elemento de reciclaxe.

- Medusas en papel absorbente, pintadas con goteiros.
- Muros decorados en estructuras de reciclaxe (Debuxo modular).
- Semicírculos de cartón que inspiran arte.



mércores, 22 de marzo de 2023

VERBATECA-LABORATORIO DE PALABRAS

 Esta actividade ofertada polo concello de Ourense, consiste en promover xogos para fomentar a observación, memoria, expresión oral, corporal e coñecemento de palabras en lingua galega así como motivar á lectura por medio da oralidade.

A través de retos os nenos/as conseguiron superar tódalas probas.


Foi moi divertido aprender e recordar palabras en galego!

luns, 20 de marzo de 2023

DEGUSTANDO POEMAS

 Quédanos unha semana por diante para celebrar o día da poesía e xa se están cociñando algúns poemas para a súa degustación. 

Propoñemos: Xogos con poemas, recollidos na seguinte UD.

CONTIDO DA UD:

- Emparella versos saborosos

- Crea os teus propios "Poemas para merendar"

- Ordena os versos do Poema "Liñas ao Roquefort" de J. Antonio Ramírez Lozano.

- Completa o poema...

-Versionamos "Cea para dous" de Marga Tojo

- Metáforas que alimentan

- Caligrafía Creativa


Algúns adianto: Recitando e interpretando poemas.

- "Cea para dous" poema recollido no libro "Cara de Velocidade" de Marga Tojo. 

Interpretado polo alumnado de 1º de primaria e colabora Camilo, responsable do comedor.


- "Liñas ao roquefort" poema recollido no libro "Sopa de soño e outras receitas de cocociña" de Jose Antonio Ramírez Lozano.

Recitado e interpretado polos alumnos/as do club de lectura de 6º de primaria.


- Taller de escritura creativa (lettering)


"Cocido de ceros"  e "Bufanda ao pescozo" poemas recollidos no libro "Sopa de soño e outras receitas de cocociña" de Jose Antonio Ramírez Lozano.

Recitados e interpretados polos alumnos/as de 4º de primaria.





- "Misión especial no comedor escolar" Poema recollido no libro "Sopa de soño e outras receitas de cocociña" de Jose Antonio Ramírez Lozano.
Recitado e  interpretado polos alumnos/as de  infantil.




- "As árbores alimentan" un poema saboroso do libro "Poemas con piruleta" de Carlos Fontes.

O alumnado de 3º signa e recita o poema  en Lingua de Signos, 
As árbores dannos madeira, combustible, alimento, fermosura, menciñas, son o fogar de moitos animais... e tamén nos dán os versos deste poema co que aprendemos a signar as árbores froiteiras e os seus froitos en lingua de signos.



- Menú de Poesía. Os alumnos/as de 5º de primaria presentáronnos o restaurante da biblioteca, onde podemos degustar o menú de poesía por un prezo accesible.

venres, 17 de marzo de 2023

DIA DO CÓMIC

Os vosos compañeiros/as fixéronvos unhas recomendacións de cómics por si queredes pasarvos pola biblioteca e disfrutar destes días lendo historietas.





luns, 13 de marzo de 2023

MOCHILAS VIAXEIRAS

 As mochilas viaxeiras de 6º de infantil, xa están de volta no colexio, cheas de experiencias, actividades e un anaco das familias.

MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLO VOSO TEMPO DE LER!


 

venres, 10 de marzo de 2023

CONTACONTOS IGUALDADE

 Esta mañá o alumnado de infantil e 1º de primaria, disfrutaron do contacontos: "A Gran Pequena Inventora", da compañía, Trémola Teatro. Ofertado pola concellería de igualdade, co gallo de celebrar o 8M.



xoves, 9 de marzo de 2023

ECONTROS CO AUTOR

 Os alumnos/as de 5º de primaria, xunto con outros colexios, participaron no programa de animación á lectura: Encontro co Autor, "A Gruta da Torre" de Lois Pérez.

 Organiza o concello de Ourense.

Os nenos/as fixeron traballos e interpretacións e agora encóntranse co escritor.



xoves, 23 de febreiro de 2023

LECTURA POR SORPRESA

 Hoxe Rosalía entrou nas aulas por sorpresa para ler e invitar a ler algúns dos seus poemas, recollidos no libro: "Rosalia Castro e os nenos" de Luís Iglesias de Souza.

En infantil tamén houbo lecturas por sorpresa.



... I este meniño 

que teño no colo,

despois de lavalo

parece un repolo.

(Rosalía de Castro)


Máis actividades do día de Rosalía na web do centro: Rosalía pequeniña en linguaxe de signos

FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

xoves, 16 de febreiro de 2023

ENTROIDAR NA BIBLIOTECA

 O entroito tamén serve para explorar na biblioteca. Hoxe os nenos e nenas de 1º de primaria, buscaron nos andeis da biblioteca libros, vídeos que conteñen historias relacionadas cos seus disfraces. 



domingo, 5 de febreiro de 2023

2ª CITA LECTURA

 O club de lectura de 6º de primaria, utilizaron o método de Inquiry Thinking ou aprendizaxe reflexivo para debater sobre o libro: "El Gran Gigante Bonachón" de Roald Dahl.

O libro pareceulles orixinal e humorístico.


... Ten como protagonista a un xigante que se atopa cunha nena coa que compartirá vivencias e soños "embotellados"




Próxima cita do club de lectura