Ao longo deste mes para conmemorar o "Día do Libro", fomos realizando actividades relacionadas coa lectura, o xogo e a
creatividade.
- XOGO TRIVIAL DUN CONTO TRADICIONAL:
"O gato con botas".
Os gatos móvense polo taboleiro contestando preguntas para conseguir a
capa, o sombreiro e as botas.
- PERSONAXES DE CONTOS SAÍDOS DA PLATILINA e inspirados en: Cuentos de
plastilina "Hansel y Gretel".
- OCA 1, 2, 3 ... A INVENTAR OUTRA VEZ.
Cada xogador/a vai anotando as palabras por onde vai avanzando no
taboleiro, combinando esas palabras formulará unha breve historia.
- HISTORIAS ENCADEADAS:
Os participantes enlazan as oracións, parágrafos e asi forman Historias
Encadeadas.
- APADRIÑAMENTO LECTOR.
Un ano máis os miores do cole fixeron de padriños e madriñas
lectoras cara os máis pequenos.
- VISITA DA Dra. CECILIA.
Tódolos anos polo "Día do libro" a Dra. Cecilia, visita as aulas de 4º, 5º
e 6º de infantil, co fin de comprobar a saúde la biblioteca de aula. Este
ano conseguiron o certificado - CORAZON VERDE BRILANTE- Iso significa
que aos nenos/as de infantil lles gustan os libros e coidan deles. Tamén
lles puxo unha vacuna para que o encargado/a do día se acorde de ordenar a
bilbioteca.
- O MEU LIBRO FAVORITO...
Así ilustraron os nenos/as de infantil o seu conto favorito
- RETO : Cantos contos coñeces ti?
Na entrada da biblioteca tes un reto sinxelo se queres conseguir un libro,
só tes que escribir os títulos de contos que aparecen no panel, poñer o teu
nome, o curso e entregalo á coordinadora da Biblioteca. ANÍMATE!!
- A BIBLIOTECA ESCOLAR ... Espazo para ler, xogar e crear.
Os nenos/as de infantil desfrutaron dunha sesión de xogos na
biblioteca
FELIZ DÍA DO LIBRO!
- MATERIAL INCLUSIVO PARA IMPRIMIR: XOGO DA OCA, BINGO E DOMINÓ con pictos e contos.