Escribe algo bonito, deseña o teu avión e ...
Vémonos todos/as no patio para voar os nosos avións.
Escribe algo bonito, deseña o teu avión e ...
Vémonos todos/as no patio para voar os nosos avións.
Sabes que é a Candeloria ou "Festa da Luz" ?
Celébrase o 2 de febreiro para festexar que a natureza comeza a revivir e que as aves, símbolo do amor e renovación, empezan a buscar parella para reproducirse. (Curiosidade PDI "Animaliños").
Dende a Biblioteca, propoñemos : RETO DA CANDELORIA
Anímate e participa!
Ao longo desta semana, na Biblioteca, celebráronse varios contacontos sobre os libros
"A manchas ou a Raias" de Estefanía Padullés. (4º de Infantil)
"Liorta no cole" Mediente un reto, terás que ordenar as láminas para ser contadas no Kamishibai. (4º,5º e 6º de primaria)
Xa tedes na Biblioteca, á vosa disposición tablets e dispositivos portátiles para facilitarvos a búsqueda de información en formato dixital.
É moi necesario que cumprades as NORMAS de uso.
Os alumnos/as do club de lectura: "Un , dous, tres, 4º a ler", prepararon unha obriña de teatro baseada no conto de Óscar Wilde "O prínciè feliz" que representaron no festival de Nadal, para todos os compañeiros/as do CEIP Vistahermosa.
... Divertímonos moito pero o que máis nos gustou foi aprender o valor da xenerosidade, da amizade e da humildade.