martes, 3 de febreiro de 2026

PERSONAXES DO ENTROIDO NA PROVINCIA DE OURENSE

 Seguindo as líneas do PDI deste curso "Animaliños", imos descubrir personaxes do entroido da provincia de Ourense, que leven  na súa vestimenta  animais.

Para informarnos, teremos a disposición na biblioteca, os libros: 

"Os bolechas. O entroido ourensán " de Pepe Carreiro
"É tempo de entroido! de Ramón D. Veiga, David Sierra.
"Non pare a festa" de Ramón D. Veiga, David Sierra.
"Guía ilustrada do entroido galego" de Alba de Evan, Xabier Domínguez. Ilustracións Iria Prol.

Unha vez adquirida a información  podemos poñer a proba a nosa axilidade mental con este xogo de: Relacionar o personaxe co seu lugar.

ENCONTROS CO AUTOR

Hoxe o alumnado de 6º de Primaria tivo o pracer de coñecer ao autor Ramón Domínguez Veiga. Alí falaron sobre o seu libro "Pernascochas", obra pertencente ao itinerario lector deste nivel educativo. Unha mañá moi entretida e interesante.



... Marcelina: ese é o meu nome. E esta é a miña historia. Ou parte dela. Un anaco
de vida que non durou nin unha semana, pero que algo me di que vai ser difícil de
esquecer. Ou, se cadra, imposible.»
Pernascochas é unha novela sobre o poder da amizade, os sentimentos e, alá no
fondo, tamén sobre o primeiro amor.




Actividade organizada polo Concello de Ourense.