venres, 20 de decembro de 2024

OBRA DE TEATRO: "UNHA FAMILIA CALQUERA"

 O club de lectura de 6º de primaria, estivo durante todo o primeiro trimestre ensaiando unha obra de teatro de creación propia, para representar aos seus compañeiros/as e profes no nadal.

Coa obra, "Unha familia calquera", quérese visibilizar tipos de familias que existen na sociedade actual e  facer unha pequena reflexión de como reconducir esas condutas ou roles familiares. Todo isto cun toque de humor.


Moitas grazas!

 Pola vosa creatividade, dedicación, esforzo e diversión.

mércores, 18 de decembro de 2024

QUE CABE NUN CALCETÍN?

 O club de lectura de 4º de primaria, comezaron a ler o libro de Paula Carballeira: "Que cabe nun calcetín? 


Rrepresentaron, unha obriña curta sobre a Befana. os ensaios remataron cunha degustación de ensalada de pasta.

PREME NA IMAXE



luns, 16 de decembro de 2024

ADORNOS DE NADAL, PERSONALIZADOS COA IMPRESORA 3D




Nestas datas, encántanos decorar a árbore e os espazos do centro así que imprimimos estas pezas en 3D:

-Bolas personalizadas cos nomes escritos polo alumnado de infantil.

-Palabras do Nadal. Cada clase Elixiru unha palabra que representara o Nadal e imprimímola coa impresora 3D para decorar as escaleiras do centro.