Recollemos a proposta do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.
Xa está aquí o Samaín! Antiga festa dos pobos celtas, coa que celebraban a chegada do seu ano novo, estendeuse por moitos sitios grazas a que os emigrantes irlandeses leváronna a USA (chámanlle Halloween). Hoxe é unha festa de celebración divertida do medo.
Nós imos lembrar os costumes dos noso antepasados cunha das tradicións que volvemos recuperar con forza: Facer caveiras baleirando cabazas. De paso, imos colocarlle un lema ou frase de medo en galego.
Vai ser terrorífico! Para o que solicitamos a colaboración das familias.
Vai ser terrorífico! Para o que solicitamos a colaboración das familias.
As cabazas expoñerémolas no vestíbulo do colexio a semana do 30 de outubro, polo que non deberán traelas antes do luns 30.