A violencia de xénero segue sendo unha das principais secuelas da nosa sociedade. É importante tomar conciencia desta situación que nos rodea.
Dende a Biblioteca animámosvos a reflexionar ante esta problemática.
Publicaremos as actividades conmemorativas que fagades.
DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS:
"Todos los seres humanos nacen libres e iguales en dignidad y derechos» y que «toda persona tiene todos los derechos y libertades proclamados en esta Declaración, sin distinción alguna de raza, color, sexo, idioma, religión, [...] nacimiento o cualquier otra condición»."
ELEFANTES E ELEFANTAS SON GRISES, SON IGUAIS
Na Biblioteca os nenos e nenas de EI, visionaron o conto "ROSA CARAMELO" Ed, Kalandraka.
... Na manada todas as elefantas son rosas menos Margarita que descubrirá que as elefantas teñen prohibido facer cousas reservadas aos elefantes. Margarita non acepta esa tradición e mostrará as súas compañeiras que a igualdade non é utopía.
A cor rosa non é exclusiva dun xénero, so é unha cor.
A cor rosa non é exclusiva dun xénero, so é unha cor.
DINÁMICA DE EXPRESIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
CLUBE DE LECTURA
O alumnado de 6º, analizou o libro de "ARTUR E CLEMENTINA", Ed Kalandraka ... Unha historia fabulada que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación. Porque aínda se necesitan obras sobre coeducación e igualdade.
Comentaron o que sabían sobre violencia de xénero e opinaron sobre frases machistas e acontecementos vistos no xornal.