Para conmemorar o día do libro, dende a biblioteca programamos as seguintes actividades:
PRINCIPIÑO POR SORPRESA
PRINCIPIÑO POR SORPRESA
Recondando que o pasado 6 de abril foi o 75 aniversario do libro: "Le petit prince", de Antoine de Saint-Exupéry (1900-1944).
Fixemos esta actividade de lectura, entrando nas aulas por sorpresa para ler un capítulo desta obra que xa foi traducida a máis de 300 linguas e dialectos, coa intención de espertar curiosidade nos nenos/as, para unha posterior animación á lectura.
Esta actividade lévase facendo dende hai algúns cursos, é moi gratificante ver como as madriñas e padriños lectores logran unha gran atención dos seus receptores.
A NOSA EDICIÓN
HISTORIAS CONTADAS
Calquer elemento serve para crear unha historia, aquí temos unhas pedras con imaxes pintadas, que nos axudan a crear a nosa.
MARCAPÁXINAS
Agasallamos a todo o alumnado cun marcapáxinas, que recorda a nosa mascota da Biblioteca, "LEMUNDI"
TROCO DE LIBROS
"Doa un libro e leva outro para túa casa"
Co obxectivo de desprendernos dunha posesión e poñer en valor a lectura, aínda que sexa no libro doutro/a.
Trátase dunha exposición dos nosos contos máis creativos, tamén acompañan, os debuxos feitos na actividade: "HORA DE LER" (Bibliotecas escolares) que os nenos/as de infantil, realizan coas familias, sobre os contos da Biblioteca.
Algúns libros editados por nós