venres, 26 de abril de 2019

SEMANA DO LIBRO

Durante esta semana e para conmemorar o "Día do libro", fixéronse diversas actividades:
  • Apadriñamento lector. Os maiores de primaria buscaron libremente un recuncho no cole (corredor, biblioteca, ximnasio, salón de actos...) para lerlle aos máis pequenos. 
  • Troco de libros. Esta actividade está pensada para renovar a biblioteca da casa. Trae un libro que xa non che interese e colle outro que che guste.
  • Exposición de libros "A nosa editorial". Na entrada do cole temos unha pequena exposición de libros feitos por nós.
  • A FARMATECA. A Farmateca tivo unha misión ... en infantil visitou as aulas para comprobar que a súa biblioteca de aula estivera ben ordenada e os libros ben coidados, tamén deixou uns medicamentos para o aborrecemento. En primaria os medicamentos estaban indicados para tratar as seguintes patoloxías: Adicción á tecnoloxía, oborrecemento, deficiente comprensión lectora, lectura moi lenta ou demasiado rápida...
PREME NA IMAXE PARA LER O PROSPECTO 


Recompilación das actividades