O 24 de Outubro, celebramos o día da Biblioteca e iniciámonos no proxecto "Bibliotecas Creativas" con actividades lúdicas, formativas mesturadas coa robótica.
Imos aprender a...
- Coñecer os espazos da biblioteca.
- Manexar de forma básica a CDU.
- Programar o escornabot dende a botoneira.
- Aprender xogando.
Dinámica de xogo:
Xogo 1
Material: taboleiro coa cdu, un dado e un escornabot
Haberá que tirar o dado, mover o escornabot o nº de celas que marque o robot, dirixirse aos andeis da biblioteca e traer un libro dese apartado da CDU
Xogo 2
Material: 2 taboleiros que reproducen os andeis da biblioteca, maquetas de libriños con cadansúas etiquetas.
Cada xogador collerá un libriño e programará o robot ata a cela correspondente segundo a etiqueta que aparece no lombo do libro (como son miniaturas, pódense cargar no escornabot e que os transporte)
CODEWEEK: Esta actividade está inscrita na Semana da Programación da Unión Europea:
Xogo 3
Busca o principio e final do conto. Repartiranse tarxetas con principios e finais de contos, cada neno/a falando baixiño (porque nas Bibliotecas fálase baixiño) intentarán buscar a súa parella para poder completar o conto.
Xogos para infantil
- Roteiro pola biblioteca. Dunha pila de libros, intentar colocar cada libro na sección de infantil, fixándose na etiqueta identificativa (Sol-Lúa).
- Contos con pedras pintadas. Inventar historias coas imaxes de contos clásicos que aparecen nas pedras. Mesturar contos.
- Emparellar os contos que aparecen nas pedras con tarxetas de personaxes.
Así foi como se desenvolveron as actividades programadas.