venres, 25 de outubro de 2019

1ª cita CLUB DE LECTURA

O martes 22, tivemos a 1ª cita para debatir, valorar, comentar sobre o libro: "A Batalla da pequena Chañan Curi Coca" de Rosa Aneiros.  


Con esta actividade voluntaria queremos fomentar a lectura e dar un paso máis, intercambiando opinións con outros/as compañeiros/as que comparten o gusto pola lectura.


A próxima cita será o martes 26 de novembro para comentar o libro: "Perigo Vexetal" de Ramón Caride. 
Animádevos! 

luns, 21 de outubro de 2019

24 de Outubro, día da Biblioteca

O 24 de Outubro, celebramos o día da Biblioteca e iniciámonos no proxecto "Bibliotecas Creativas" con actividades lúdicas, formativas mesturadas coa robótica.

Imos aprender a...
  • Coñecer os espazos da biblioteca. 
  • Manexar de forma básica a CDU. 
  • Programar o escornabot dende a botoneira.
  • Aprender xogando. 
Dinámica de xogo: 

Xogo 1
Material: taboleiro coa cdu, un dado e un escornabot
Haberá que tirar o dado, mover o escornabot o nº de celas que marque o robot, dirixirse aos andeis da biblioteca e traer un libro dese apartado da CDU


Xogo 2

Material: 2 taboleiros que reproducen os andeis da biblioteca, maquetas de libriños con cadansúas etiquetas.

Cada xogador collerá un libriño e programará o robot ata a cela correspondente segundo a etiqueta que aparece no lombo do libro (como son miniaturas, pódense cargar no escornabot e que os transporte)








CODEWEEK: Esta actividade está inscrita na Semana da Programación da Unión Europea:




Xogo 3 

Busca o principio e final do conto. Repartiranse tarxetas con principios e finais de contos, cada neno/a falando baixiño (porque nas Bibliotecas fálase baixiño) intentarán buscar a súa parella para poder completar o conto.


Xogos para infantil
- Roteiro pola biblioteca. Dunha pila de libros, intentar colocar cada libro na sección de infantil, fixándose na etiqueta identificativa (Sol-Lúa).
- Contos con pedras pintadas. Inventar historias coas imaxes de contos clásicos que aparecen nas pedras. Mesturar contos.
- Emparellar os contos  que aparecen nas pedras con tarxetas de personaxes.



Así foi como se desenvolveron as actividades programadas.




venres, 4 de outubro de 2019

"Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía"

Este é o lema que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso.

Cartel  ilustrado por Óscar Villán.

... A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta. 
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1239