domingo, 27 de maio de 2018

A MALETA DA IGUALDADE

Este recurso incluído no "I PLAN DE ACTUACIÓN PARA A IGUALDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS DE GALICIA 2016-2020",  está de préstamo na Biblioteca e recolle unha relación de libros de temática sobre a "IGUALDADE DE XÉNERO".
Podedes dispor del na Hora de Lectura para: ler, contar, reflexionar, opinar, debater... 


CONTAR



mércores, 23 de maio de 2018

VIAXAMOS A ... MÉXICO

MÉXICO será o derradeiro viaxe deste curso. Decubriremos  México a través dun libro depregable. Interesarémonos pola súa  historia, tradicións culturais, gastronomía, produtos exportados, traxes típicos, música...



 
Así vivimos a experiencia

https://drive.google.com/file/d/1Tva9WwaIzdRFShPo8aXbTW59lDizXrk4/view?usp=sharing
6ª de Primaria
 
https://drive.google.com/file/d/1DNsfkE4PzApIBm2ODYzyaxLQRgAsjzp-/view?usp=sharing
5º de Primaria
 
https://drive.google.com/file/d/1z7ZyHAD42orVuTH39mH7wdrjCvB1OFq2/view?usp=sharing
Infantil e 1º de Primaria
 
2º de Primaria
 
 3º de Primaria

venres, 18 de maio de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

... "A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor", declaraba Mª Victoria.
 
Agora é a ela a quen homenaxeamos, pola súa paixón pola lingua e traballo, no día das Letras Galegas.


O EDNL, organizou un pequeno acto homenaxe: Entrevista a Mª Victoria, recitado de versos e prosa da súa obra, interpretación coa frauta e cántico do Himno Galego.

https://drive.google.com/file/d/1RajK4-h6nr-sanUaLFuJ_F9NwSUEyMxU/view?usp=sharing


CONTOS NA LAREIRA : "A BRÉTEMA" de Mª Victoria
Esas pequenas historias que contaban as avoas a carón do lume ... Reunímonos na biblioteca para contar a historia que Mª Victoria escribiu en "A BRÉTEMA".



Si queredes seguir lendo sobre Mª Victoria Moreno, na Biblioteca tedes algún exemplar da súa obra.

luns, 7 de maio de 2018

OS MAIOS

Os Maios é unha festa de interese turístico en Galicia, con tradición na provincia de Ourense e especialmente na capital. Celébrase o primeiro domingo de maio. 
Con estas arquitecturas naturais e cantos satíricos, chamados coplas, dase a benvida á PRIMAVERA.
O CEIP Vistahermosa resultou GAÑADOR na categoría infantil, no concurso convocado pola concellería de cultura.


Así disfrutamos a experiencia



PARABÉNS POLO TRABALLO, ESFORZO E DEDICACIÓN!!!


Visita a web do centro para ter máis información.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/node/607