martes, 31 de outubro de 2017

CONCURSO RELATO DE MEDO

Pide un folleto na biblioteca ou ao teu titor/a, escribe o teu relato de terror. Se foses seleccionado/a, terás un agasallo e lerasllo aos teus compañeiros/as, nunha mañá de terror.

ANÍMATE E PARTICIPA!!

 









Xa temos os relatos que participaron neste concurso.
 Gañadores e Participantes 
NORABOA!  polas vosas creacións.

Os gañadores tiveron a oportunidade de ler os seus relatos aos compañeiros/as nun pequeno acto onde non faltaron disfraces, canción e coreografía: "Os esqueletos", baile polos máis pequenos: "flashmob  zombi"  e esconxuro.



xoves, 26 de outubro de 2017

A BIBLIOTECA COAS TRADICIÓNS: O SAMAÍN

Recollemos a proposta do Equipo de Normalización e Dinamización  Lingüística.

Xa está aquí o Samaín! Antiga festa dos pobos celtas, coa que celebraban a chegada do seu ano novo, estendeuse por moitos sitios grazas a que os emigrantes irlandeses leváronna  a USA (chámanlle Halloween). Hoxe é unha festa de celebración divertida do medo.

Nós imos lembrar os costumes dos noso antepasados cunha das tradicións que volvemos recuperar con forza: Facer caveiras baleirando cabazas. De paso, imos colocarlle un lema ou frase de medo en galego.  
Vai ser terrorífico! Para o que solicitamos a colaboración das familias.

As cabazas expoñerémolas no vestíbulo do colexio a semana do 30 de outubro, polo que non deberán traelas antes do luns 30. 

Moitas grazas pola vosa colaboración!




Ambientación da Biblioteca




Exposición: LIBROS DE MEDO


martes, 24 de outubro de 2017

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA

Coa conmemoración deste día destacamos a importancia da letura e o labor que desenvolven as bibliotecas no campo da cultura, no lecer, na formación e a cercanía aos usuarios. 

É un espazo para disfrutar de iniciativas tamén tecnolóxicas. Coma esta que nos achegan os alumnos/as de 6º de primaria, desenvolvida no proxecto de robótica. 
A actividade: " Que emoción! xa está aquí  o samaín!", consta dun taboleiro para xogar coas emocións, utilizando o robot programable: BEE-BOT 

  
A partir de hoxe, podedes xogar na biblioteca co BEE-BOT, para celebrar o día da Biblioteca.



luns, 16 de outubro de 2017

RETO LECTOR

Os alumnos/as de 5º e 6º de primaria teñen un reto por diante. Aquí están as bases, para lectores avanzados.


Non perdas tempo, empeza xa!!

xoves, 12 de outubro de 2017

BÚSCALLE UN NOME A NOSA MASCOTA!

Estos días, estamos entre todos/as búscando un nome para a nosa mascota da Biblioteca.

Presentadas as propostas sobre os posibles nomes e tras unha votación en claustro... o noso mundo xa ten nome.



martes, 10 de outubro de 2017

CONTACONTOS

Inícianse na biblioteca as sesións de contacontos. 
"Un gigante en el bolsillo"
 Foi o conto elexido polo grupo de 2º de primaria para interpretar diante dun públioco moi atendo,  (nenos e nenas de infantil e 1º de primaria).


Esta é a historia de Moncho, un rapaz que non lle gusta ser o pequeno da familia. Pero a súa imaxinación permítelle superar esa situación, vivindo feliz aventuras divertidas e máxicas. Grazas ao seu xigante.
PREME NA IMAXE PARA VER COMO FOI A SESIÓN 
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d145243069kP521632672o2l1/v-un-gigante-en-el-bolsillo

Esperamos, que vos divertirades moito!! 

venres, 6 de outubro de 2017

CONTO DE CREACIÓN COLECTIVA

Na clase de 2º de primaria, están a crear un conto entre todos/as. Cada neno/a escribirá un anaco para formar unha gran historia. 

"Había unha vez un conto que escribimos entre todos/as..."


Esperaremos con ansia esta gran historia
Ánimo escritores/as!

luns, 2 de outubro de 2017

RANOPLA


RANOPLA, é unha plataforma de animación á lectura. 
Comezamos este curso de maneira experimental en 2º de primaria, coa intención de ir ampliando a outros cursos.
Compartimos os obxectivos proposto pola plataforma como:
1.- Incentivar e potenciar a lectura.
2.- Mellorar a comprensión lectora.
3.- Manexar as tecnoloxías (TIC)
4.- Fomentar a autonomía do alumnado.
5.- Facer un seguimento personalizado da lectura dos alumnos/as.
6.- Favorecer o bilingüísmo.


PREME NA IMAXE PARA COÑECER A PLATAFORMA

https://www.ranopla.es/