Nesta nova cita do club de lectura, comentouse o libro "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta" de Ledicia Costas.
Logo, escolleron algún dos seus libros favoritos para recomendarllos aos seus compañeiros/as.
Nesta nova cita do club de lectura, comentouse o libro "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta" de Ledicia Costas.
Logo, escolleron algún dos seus libros favoritos para recomendarllos aos seus compañeiros/as.
Durante esta semana, para conmemorar o día do libro, fixéronse actividades diversas:
- Apadriñamento lector. As lectoras e lectores ocupáronse de ir buscar aos seus pequenos, saír a un recuncho do patio e pasar un rato lendo, imaxinando e intercambiando contos.
- "Comida de cuento" de Arancha Perpiñan. Despois de ver o conto , os nenos/as de 1º, programaron o beebot para asociar cada conto clásico co seu alimento e mentres o beebot facía o percorrido contaban un pequeno resumo ou anécdota do conto.
En infantil asociaron cada conto co seu alimento, programando o escornabot.
- ... Instruccións para curar un libro doente. Seguindo as indicacións de Paula Carballeira, nenos e nenas de 5º de primaria, visitaron as clases de 2º,3º e 4º, para recomendarlles como coidar dos libros.
- Como tódolos anos polo Día do Libro, a Dra. Cecilia, visitou as aulas de infantil para comprobar o benestar das bibliotecas de aula. Despois de medir a febre aos libros, tomarlles a tensión, vacinar contra o mal trato... chegou á conclusión que o alumnado de infantil sabe moi ben como coidar e disfrutar dos seus libros; por iso levaron o distintivo "Corazón Verde", a máxima puntuación.