mércores, 17 de febreiro de 2021
ROSALÍA DESCONFINADA
venres, 12 de febreiro de 2021
ENTROIDO MEDIEVAL
Comezamos a semana do entroido cos mandados do meco, ambientado na Idade Media, tema do proxecto deste curso.
Ambientación: Entrada á Biblioteca e espazos comúns do cole.
xoves, 11 de febreiro de 2021
11F-DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
A Organización de Nacións Unidas, estableceu o 11 de febreiro, como "Día internacional da muller e a nena na ciencia", co fin de recoñecer o papel que desenvolveron as mulleres na ciencia e promover o acceso das mulleres e nenas á educación, investigación, tecnoloxía, inxeñería e matemáticas.
Aprende pola túa conta con esta presentación de vídeos: "11F ciencia en feminino", Para axudar ó escornabot a localizar a procedencia das científicas e a súa aportación á humanidade.
luns, 8 de febreiro de 2021
3ª CITA CLUB DE LECTURA
Na terceira reunión do club de lectura, estes alumnos de 5º comentaron a obra de Manrique Fernández "Hermes, aprendiz de mago" un texto teatral que gustou á maior parte do grupo.
Por parellas remataron a sesión cunha lectura dramatizada dalgúns momentos salientables da obra.
"Hermes, aprendiz de mago", Manriquez FernándezVelaquí a historia dun mago zoupón, que case que todo o que fai... sae mal.
Así e todo, ten ganas de aprender. Unha obra divertida onde os pucheiros, as vasoiras e as partes todas da casa falan e volven máis tolo aínda o noso protagonista.