luns, 30 de xaneiro de 2023

RECEITAS DE PAZ

 Dentro da "Cociña festiva", do noso PDI, temos as receitas de Paz que con moito:  Amor, Tolerancia, Respecto, Amizade... imos degustar.

Inspirándonos no libro "A mellor sopa do mundo" de Susana Isern.

 ...Tartaruga estaba preparando a comida. Sorprendidos por unha tormenta de neve, varios animais refúxianse na casa de Tartaruga que, nese momento, poñía a auga a ferverpara preparar unha sopa. A medida que van chegando, os hóspedes ofrécenlle: cenorias, froitos vermellos, cebolas, mel e outros moitos ingredientes para que bote na ola.Mentres, fóra escurece e o frío chega. Dentro da casa, os convidados comparten un bo momento e colaboran na preparación da cea. Cando proban a sopa, todos cren que é a mellor do mundo e, abraiados, pensan que Tartaruga engadiu algún ingrediente especial que eles descoñecen. Tartaruga engadiu algún ingrediente especial que eles descoñecen. 


Fixemos "A mellor sopa do mundo", fíxate nos ingredientes para saber facela e practicala ti.



- Do libro "Ring Ring...! Quien rima?" de Ana María Fernández. 

... Sus versos sirven de guía para visitar espacios muy diferentes y para hacer germinar sensaciones que ayudan a contemplar la realidad circundante con nuevas perspectivas.


Tomamos unha rima: A PAZ sábenos a ... 



Contacontos con:  ANXO MOURE

Anxo Moure, presentounos nun contacontos, ao cociñeiro intercultural Mohamed Quechua que vai a viaxar no seu veloz paztinete por todo o país, axudado por monicreques tecidos por cooperativas do comercio xusto. Cociñar cantos e contos sobre CONVIVENCIA e a SOLIDARIEDADE, promovendo o bailar das nenas e nenos en contra das gerras e a favor da PAZ.




Ambientación  pola PAZ





Todos e todas baixo o mesmo paraugas. 

Decoramos os paraugas con mensaxes e símbolos da PAZ, para facer xuntos unha danza pola paz.


PARA VER MÁIS PREME

martes, 24 de xaneiro de 2023

OUTRO XEITO DE ILUSTRAR NA BIBLIOTECA ESCOLAR

 ILUSTRACIÓN CREATIVA

Con esta actividade o alumnado de 1º de EP converte diferentes vexetais en personaxes das súas historias- vístenos, píntanos, engádenlle complementos...- e fotografían a escena.

Cando asociamos os alimentos a actividades divertidas como son o xogo e a lectura estamos fomentando o consumo de alimentos saudables e nutritivos.

PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS



xoves, 19 de xaneiro de 2023

O CLUB DE LECTURA PONSE O MANDIL

 O club de lectura de 6º de primaria, ponse o mandil para cociñar e degustar unha receita do libro: "Grandes Receitas. O raposo Rufo" de Dani Viéitez e Iria Iglesias.

... Guacamole con nachos e gofres de plátano.

Grandes receitas continúa o camiño que comezou o raposo Rufo con Receitas cativas. O principal cometido é achegar, unha vez máis, a nenos e nenas á cociña. Involucralos na elaboración dos pratos que, de seguro, despois comerán con máis gusto.






luns, 9 de xaneiro de 2023

CONTO DE NADAL, Buscando a inspiración!

 Escrita creativa

O alumnado de 3º de EP transformou o conto de Nadal "Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis" nunha historia totalmente diferente.

Cun encabezamento común: Cando Martiño espertou á véspera de Reis, asomouse á ventá do seu cuarto e saudou todo contento a....

O día antes de Reis, quen pode aparecer na casa de Martiño? Que aventuras vivirá?