Ao longo do curso, as mochilas, estiveros viaxando polas casas dos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de infantil, mochilas cheas de libros, xogos... para disfrutar en familia. Asi foi a experiencia vivida.
mércores, 10 de xuño de 2026
mércores, 27 de maio de 2026
CITA CLUB DE LECTURA
Co motivo do "Día Internacional da familia" (15 de maio), o club de lectura: Un, dous, tres, cuarto a ler... quixo recordar a importancia dos seus seres queridos, a través de lecturas desa temática e como consecuencia, actividades creativas e historias das súas familias, que queren compartir.
A ver se vos gustan...
FELIZ DÍA DA FAMILIA!
luns, 25 de maio de 2026
ENQUISA DE BIBLIOTECA ESCOLAR PARA AS FAMILIAS
martes, 19 de maio de 2026
LETRAS GALEGAS 2026
-Acrósticos e caligramas , decoración.
-Unha carta para Begoña Caamaño.
mércores, 29 de abril de 2026
SEMANA DO LIBRO
A semana do 20 ao 24 de abril, celebramos o "Día do libro" con actividades lúdicas na biblioteca, que fomentan a lectura, escritura e a búsqueda de informacíon.
- Retos na biblioteca
. Bingo de imaxes, sobre contos
. Contos para adiviñar con mímica
. Os ratiños comeron libros, Completa as letras que faltan
. Recompoñer títulos de contos, utilizando as tarxetas de axuda
. Torre de libros, combinando varios títulos podes escribir unha historia curta
. Busca nos libros, palabras ou imaxes dadas
. Programa o escornabot para encontrar o conto favorito ou conto por pistas
- Apadriñamento lector
- Encontros coa autora : Elena Andrés
O club de lectura de 5º e 6º de primaria, despois de ler o comic: "A brigada iridescente, o laberinto dos hinchables", disfrutaron dunha sesión coa autora.
- Contacontos: "A cebra Camila" de Marisa Núñez, Óscar Villán (Infantil)
- Recomendacións lectoras
martes, 24 de marzo de 2026
DÍA DA POESÍA E A ÁRBORE
O 21 de marzo celebrouse o día da poesía. Nestes días estivemos a facer actividades con este xénero literario e aproveitamos para conmemorar o día da árbore, que tamén se celebra ese día.
- Obradoiro de poesía (5º e 6º de primaria).
Combinatoria de versos libres a partir de textos do xornal, escollemos palabras dun artigo e con elas compoñemos poemas.
- Poema flor.
En tiras de papel de cores, escribimos versos formando flores.
- Lecturas de poemas e solta de bolboretas.
Os nenos e nenas de 2º de primaria, fixeron uns poemas e debuxos para agasallar ao alumnado de infantil. A partir dos debuxos creamos uns versos.
A caixa agasallo foi unha gran sorpresa. Bolboretas voadoras que tamén aparecen nos libros de poesía.... A ver se tes sorte de atopalas!
Os nenos e nenas de 4º de primaria, déronlle a estes poemas formas da natureza, tamén gravaron un víedo no noso entorno, entre árbores, para celebrar o día da árbore.
- College de versos.
Poesía creativaO alumnado de 3º e 5º de EP escribe poesía combinando palabras escritas por outro autor/a. O primeiro paso é seleccionar unha páxina da revista Papagaio, logo escollen 8 palabras que lles interesen... poñen a traballar a súa creatividade e crean un poema.
venres, 20 de marzo de 2026
CONTACONTOS MUSICAL "O LOBO FELIZ"
Hoxe os alumnos/as de infantil ata 4º de primaria, disfrutaron dun contacontos musical sobre o conto "O lobo feliz", amenizado polo escritor do libro, Miguel Guido.
Celebramos así o día "Internacional da narrativa oral".
venres, 13 de marzo de 2026
SEMANA DA PRENSA
Dende o equipo de biblioteca, señalamos a semana do 9 ao 13 de marzo como "Semana da Prensa", para traballar sobre o xornal, o corpo da noticia, escribir noticias...
Expuxéronse na cortiza da biblioteca, modelos para compoñer o xornal de LEMUNDI.
E outra exposición de revistas e xornais.
mércores, 11 de marzo de 2026
#8M
O alumnado borda a súa bolboreta que logo colgaranse polo centro.
Difundamos os seus nomes para que nunca máis falten. Fai clic na imaxe para ver os traballos de investigación do alumnado.
Música & Poesía
Anna e Olivia de 6º de EP, as compositoras desta canción, cantan e acompañan co ukelele.
venres, 27 de febreiro de 2026
SEMPRE ROSALÍA
O longo da semana do 23 de febreiro, homenaxeamos a nosa "Sempre Rosalía".
- Creación do recuncho de Rosalía.
O alumnado participou, decorando a falda de Rosalía con versos, debuxos, frases...
- Lectura de poemas de Rosalía de Castro, por parte do alumnado de 6º de primaria aos demais cursos.
- Recitado do poema, "Adiós ríos, adiós fontes" por alumnas de 4º de primaria. Grazas Rosalia!
- Interpretación musical:
venres, 13 de febreiro de 2026
DÍA MUNDIAL DA RADIO
mércores, 11 de febreiro de 2026
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
O 11 de febreiro, celebramos o "Día internacional da muller e a nena na ciencia".
...A ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS, incluidos na Axenda 2030.O proxecto Aqua STEM é un programa educativo que, mediante retos prácticos sobre a auga e usando Lego Education e o ordenador, busca reducir a brecha de xénero e potenciar a confianza no talento das nosas nenas e nenos.




.jpg)
.jpg)

.jpg)












