Aqui tedes unhas recomendacións lectoras para este Nadal.
Recorda que un libro é o mellor agasallo.
Aqui tedes unhas recomendacións lectoras para este Nadal.
Recorda que un libro é o mellor agasallo.
"La máquina de escribir" de Tom McLaughlin.
Unha historia sobre o poder de debuxar e imaxinar historias...
Deste contacontos, resultaron actividades en consoancia co lema deste curso "Escribir a Biblioteca escolar".
"La máquina de escribir" de Tom McLaughlin. Ed. Coco BooksDurante este mes de novembro, habilitamos un "Recuncho cinetífico" na biblioteca. Con libros científicos, experimentos, contos sobre ciencia, xogos de ingenio, preguntas e respostas curiosas...
- Que pasa cando metemos uvas pasas en gaseosa?
- Que pasa cando metemos un ovo ou un óso de polo en vinagre?
- Globo explosivo (Con ácido de laranxa).
- Lámpada de lava (Con auga, aceite e pastillas efervescentes).
- Microscopio para buscar números (Recipiente transparente, plantilla de números e un vaso de cristal).
- Area cinética - Area da lúa (Fariña, aceite de bebé e purpurina).
Area cinética
Microscopio
Iniciamos as xuntanzas do club de lectura en 6º, comentando o libro : "Mil cousas poden pasar", de Jacobo Fernández Serrano. Ed. Xerais.
Dentro da cociña festiva do noso PDI, comezamos polo "SAMAÍN SABOROSO", cheo de receitas e pócimas para degustar, crear e xogar.
...A biblioteca escolar ofrece oportunidades de recursos para escribir e escribirnos: Arte que comunica, alimenta e arrepía.
MENÚ DE SAMAÍN
- Tartaleta de cabaza:
Ingredientes:
- Cabaza cocida (medio kilo)
- Doce de leite (200grs)
- Iogur de vainilla (2u)
- Zume de laranxa (1 medida iogur)
- Coco relado para decorar.
Mesturar tódolos ingredientes e encher as tartaletas. Riquísimas!
BO PROVEITO!
Recomendación lectora:
Escarlatina, a cociñeira defunta. Ledicia Costas. Ed. Xerais.
O 24 de outubro, celebramos o día das bibliotecas, baixo o lema BiblioTEcuida.
Este é o lema que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publica para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2022/2023.
... A biblioteca escolar ofrece oportunidades e recursos para escribir e escribirnos:Comezamos o curso coa prensentación do PDI "Cociña". Ao longo do curso desenvolveremos o contido do proxecto con actividades, obradoiros, consellos saudables, gastronomía internacional e boas prácticas.
Este curso, habilitamos un espazo anexo á biblioteca, para montar o noso Recuncho Creativo. Un lugar onde relaxarse coa lectura, disfrutar dos xogos de mesa individual ou en equipo.
Rematamos o club de lectura de 6º, co libro: "O que lle aconteceu a Barnaby Brocket" de John Boyne.
Un libro que trata as diferenzas e a diversidade nun mundo pouco tolerante. Despois de debater e comentar, entregáronse cadanseu libro como agasallo por ter participado no Club de Lectura, os tres últimos cursos.
"O que lle aconteceu a Barnaby Brocket" de John Boyne.ECOmundi, acompañounos ao longo do curso neste proxecto desenvolvido pola biblioteca de xeito interdisciplinar. Plantexándonos actividades, retos, recomendacións... para manter un planeta sostible, sudable e unha filosofía ecolóxica de vida.
O PDI "ECOmundi", estivo estructurado en catro líñas de creación: lixoGUETES, reciclARTE, instrumentos musiEcolóxicos, moda ECOmplementos.