Hoxe celebramos o día das escritoras para reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
A actividade proposta foi:
1.- Dada unha lista de escritoras, buscar nos andeis os seus libros.
2.- Os voluntarios/as da búsqueda, subiron ás aulas para propoñer aos seus compañeiros/as un reto: Que teñen en común os libros presentados?
Tamén comprobamos a formación do alumnado como usuarios da biblioteca.
Entrega de marcapáxinas para conmemorar este día.