mércores, 18 de decembro de 2019

GUÍA DE LECTURAS e NADAL SOStible

Os libros e os xogos de aprendizaxe provocan nos nenos/as accións  de  crear, soñar, fabular, compartir ... 


Tamén vos recomendamos este Nadal: Xoguetes de aprendizaxe e xogos didácticos. Podes visitar  a nosa sección de xogos.  

E por suposto, o compromiso de facer entre todos/as un NADAL SOStible.
Preme na imaxe para ver os compromisos, consignas e accións que imos levar a cabo, na escola e na casa, para loitar contra o Cambio Climático.


venres, 13 de decembro de 2019

PROXECTO: OS PINTORES/AS

Este curso o proxecto interdisciplinar que propón a Biblioteca é:  Coñecer, recoñecer e inspirarse nas obras de pintores/as cercanos/as (ourensáns, galegos ) e os grandes clásicos.

RECOMPILACIÓN DE ACTIVIDADES DO 1º TRIMESTRE.

Visita de César Prada
Elexiuse un pintor ourensán, que destaca pola cor, liñas e a aparición nas súas obras dunha figura "A lupita" que representa según o pintor o recoñecemento, valía e admiración ás mulleres.

César Prada , debuxounos varios modelos de "Lupitas" que foron repartidos entre os nenos/as de infantil. Unha vez vista a obra de César e saber un pouco da súa vida, os nenos/as, interpretaron coas cores o seu traballo. 

Posteriormente, César Prada tivo a amabilidade de visitarnos na Biblioteca. foi unha sesión bastante descontrolada de emocións, os nenos/as aproveitaron para facerlle algunhas preguntas e tamén lle contaron da súa vida. Mostraron un afecto que non vai esquecer. Tamén nos agasallou cun debuxo en directo.

Dicir que, César Prada estivo un bo rato admirando a obra dos nenos/as.




Para ver o seu traballo entra na páxina

            
MOITAS GRAZAS CÉSAR!

Decoración de portas
Os alumnos/as de 4º de primaria fixeron un collage da obra de Piet Mondrian para decorar a porta de Biblioteca.



A árbore da vida de Gustav klimt



"Lupitas", César Prada.


"As meninas" de Velázquez


Contos inspirados na obra de Gustav Klimt: "A árbore da vida"


Murais  "As tesoiras de Matisse"

Láminas feitas nas clases de plástica (5º e 6º de primaria), sobre a obra de Paul klee


Cores cálidos e fríos con: "El cuadrado de Mondrián quiere ser cíclope" e "La mancha de Paul klee quiere ser pirata"



Exposición - Homenaxe ao Picasso Galego (Labajjo Grandío)


mércores, 4 de decembro de 2019

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

Durante este mes de novembro, estivo na entrada do colexio unha exposicón de libros  e actividades científicas. 
Destacamos algúnhas delas:mes da ciencia en galego

  • Experimentos  sobre as propiedades da auga (Tensión superficial, pontes de hidróxeno que conectan co átomo de osíxeno.
  • Creación dun anemómetro.
  • Que lle pasa ao refresco de cola cando engadimos leite?
  • Reacción química: vinagre con bicarbonato de sodio, chega a inchar un globo.
  • Debuxos animados científicos ( Se debuxamos con rotulador de pizarra nunha superficie e botamos auga, conseguiremos movemento nos debuxos)
  • Como dobrar unha botella sen tocala.
  • Como facer unha nube dentro dunha botella.
  • Botella de calma 
  • Arco da vella con lacasitos
  • Caixa dos sentidos.
  • Xogo de estimación matemático.

https://drive.google.com/open?id=1WBERs45WDsqOkVUm0cApCQdD3c_LSv4U


Os maiores de 6º tamén compartiron con nós, actividades experimentais e de observacion directa, que desenvolveron na clase de ciencias.

Aprendizaxe cooperativa: os mofos



martes, 26 de novembro de 2019

2ª Cita CLUB DE LECTURA

Xa chegou o día da xuntanza para comentar o libro: " Perigo vexetal, de Ramón Caride". Neste encontro falouse do argumento, personaxes, ecoloxía... Propúxose un xogo de adiviñas para rematar a sesión. Os/as asistentas valoraron este libro con moi boa nota (9 e 10 sobre 10). 



Próxima cita será o  28 de xaneiro. Para debater, comentar o libro: "Cara de velocidade de Marga Tojo"
Animádevos!!

luns, 25 de novembro de 2019

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A Biblioteca quere facer visible a través de actividades escornabóticas unha reflexión para derribar roles, estereotipos e unha chamada a IGUALDADE.
Todo o colexio, desde infantil a primaria asistiu por sesións organizadas á Biblioteca para xogar cos escornabots nos taboleiros da Igualdade.

25N Día internacional contra a violencia de xénero (Entra na sección: Actividades do CEIP Vistahermosa - Biblioteca Creativa, para ver a explicación dos xogos)


CARTEIS





         





Aquí tedes un resumo das actividades



sábado, 23 de novembro de 2019

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA - A IMPORTANCIA DA EDUCACIÓN

Alumnos/as de 6º, leron o discurso de Malala Yousafzai aos seus compañeiros/as de primaria.
 “Un neno/a, un mestre/a, unha pluma e un libro, poden cambiar o mundo”.  
PREME NA IMAXE 


Recomendamos como lectura:

venres, 15 de novembro de 2019

VERBATECA - LABORATORIO DE PALABRAS

Esta actividade forma parte do programa educativo do concello de Ourense, realizada no noso centro para nenos/as de 5º e 6º de infantil.
Xogando traballouse a observación, memoria, expresión oral e corporal, coordinación e coñecemento de palabras en lingua galega sobre diferentes temáticas...

Esta actividade ten como obxectivos:
  • Potenciar o traballo en equipo.
  • Aumentar o vocabulario da nosa lingua.
  • Crear unha comunicación afectiva e directa na que os alumnos e alumnas participen activamente.
  • Manter unha boa actitude de escoita.
  • Motivar á lectura por medio da oralidade.
  • Fomentar a imaxinación e a creatividade.

Para gardar palabras fermosas galegas

 

luns, 4 de novembro de 2019

SAMAÍN

Dende a Biblioteca realizáronse varias actividades para celebrar a festa tradicional do SAMAÍN. 

  • Xunto co ENDL (Equipo de normalización e dinamización lingüística), exposición de cabazas na entrada do cole.
  • Decoración exterior (Belén, responsable do comedor). 
  • Lectura de contos e adiviñas na escuridade, para infantil. 
  • "As Bruxiñas da letra R", contado por alumnos/as de 4º para os alumnos/as de 1º de primaria.
  • Lectura de relatos de medo, premiados no "III concurso de relatos curtos de Medo".

https://drive.google.com/open?id=1u0Mre1ZPy4rTfo2E2Nn0MWfFpifAq2fS



Se queredes saber máis sobre esta festa ... PREME NA IMAXE

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/node/712

venres, 25 de outubro de 2019

1ª cita CLUB DE LECTURA

O martes 22, tivemos a 1ª cita para debatir, valorar, comentar sobre o libro: "A Batalla da pequena Chañan Curi Coca" de Rosa Aneiros.  


Con esta actividade voluntaria queremos fomentar a lectura e dar un paso máis, intercambiando opinións con outros/as compañeiros/as que comparten o gusto pola lectura.


A próxima cita será o martes 26 de novembro para comentar o libro: "Perigo Vexetal" de Ramón Caride. 
Animádevos! 

luns, 21 de outubro de 2019

24 de Outubro, día da Biblioteca

O 24 de Outubro, celebramos o día da Biblioteca e iniciámonos no proxecto "Bibliotecas Creativas" con actividades lúdicas, formativas mesturadas coa robótica.

Imos aprender a...
  • Coñecer os espazos da biblioteca. 
  • Manexar de forma básica a CDU. 
  • Programar o escornabot dende a botoneira.
  • Aprender xogando. 
Dinámica de xogo: 

Xogo 1
Material: taboleiro coa cdu, un dado e un escornabot
Haberá que tirar o dado, mover o escornabot o nº de celas que marque o robot, dirixirse aos andeis da biblioteca e traer un libro dese apartado da CDU


Xogo 2

Material: 2 taboleiros que reproducen os andeis da biblioteca, maquetas de libriños con cadansúas etiquetas.

Cada xogador collerá un libriño e programará o robot ata a cela correspondente segundo a etiqueta que aparece no lombo do libro (como son miniaturas, pódense cargar no escornabot e que os transporte)








CODEWEEK: Esta actividade está inscrita na Semana da Programación da Unión Europea:




Xogo 3 

Busca o principio e final do conto. Repartiranse tarxetas con principios e finais de contos, cada neno/a falando baixiño (porque nas Bibliotecas fálase baixiño) intentarán buscar a súa parella para poder completar o conto.


Xogos para infantil
- Roteiro pola biblioteca. Dunha pila de libros, intentar colocar cada libro na sección de infantil, fixándose na etiqueta identificativa (Sol-Lúa).
- Contos con pedras pintadas. Inventar historias coas imaxes de contos clásicos que aparecen nas pedras. Mesturar contos.
- Emparellar os contos  que aparecen nas pedras con tarxetas de personaxes.



Así foi como se desenvolveron as actividades programadas.




venres, 4 de outubro de 2019

"Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía"

Este é o lema que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso.

Cartel  ilustrado por Óscar Villán.

... A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta. 
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1239

sábado, 28 de setembro de 2019

MOBILIZACIÓN POLO CLIMA

A Biblioteca, únese ás mobilizacións que estiveron a acontecer no cole,  durante a semana do 23 ao 27 de setembro. Todos/as unidos/as polo CLIMA.


PROGRAMA
LUNS 23/09 – “UN MINUTO DE SILENCIO POLA TERRA”
MARTES 24/09 – “VESTIR CON ALGUNHA PRENDA DE COR VERDE” A cor verde representa a cor da esperanza para poder afrontar o futuro e conseguir que a situación cambie.
MÉRCORES 25/09 – “VIDEO-FORUM":
E.Infantil: cadernoverde.gal
XOVES 26/09 – “CARTACES POLO CLIMA” Imos plasmar as nosas propostas para coidar o Planeta. Reusade cartóns reciclados para reducir o consumo de papel.
VENRES 27/09 -  “PARÓN NO RECREO COS CARTACES” cos que amosaremos a nosa preocupación polo Planeta e cantaremos a canción: Canta polo clima en Inglés e en galego
E o 27 de setembro podes sumarte  á mobilización participando na Manifestación Mundial polo clima. En Ourenes, será na Praza Maior ás 20.00 h.


O PLANETA MÁIS VERDE


SOS Terra




Parón no recreo cos cartaces, nos que amosamos a nosa preocupacón polo Planeta.




mércores, 11 de setembro de 2019

BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO



O servizo de préstamo comezará a partir do mes de outubro.

domingo, 16 de xuño de 2019

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O VERÁN

PRIMEIROS LECTORES

·         Ola-adeus:Os contrarios nun álbum máxico. Delphine Chedru.kalandraka.
·         Receitas pequerrechas.Rocía Garrido Caramés. Galaxia
·         Mi primer Mémory.Los colores.Combel
·         Os Wombis e a escuridade. Emilia Rebumbio. Galaxia
·         Yo también hago yoga. Delia Hernández, Sara Mateos. Beascoa
·         Distinta.SOZAPATO, Beto Valencia. Kalandraka
·         A árbore xenerosa. Shel Silverstein, Chema Heras. Kalandraka


LECTORES

·         Los diarios de cereza, el zoo petrificado. Joris Chamblain, aurélie Neyret. Alfaguara
·         La lección de August. R. J Palacio. Nube de tinta
·         Ti non xogas! Silvestre Gómez Xurxo. Xerais
·         Pincipio. Paula Carballeira. Kalandraka.
·         Hola Ruby, la aventura de programar. Linda Llukas. Destino infantil, juvenil.
·         La señorita Bubble. Ledicia Costas, Andrés Meixide. Anaya
·         Receitas pequerrechas.Rocía Garrido Caramés. Galaxia
·         El gran gigante bonachón. Roald Dahl. Loqueleo.


O EQUIPO DE BIBLIOTECA DESÉXAVOS UN BO VERÁN LECTOR!

xoves, 6 de xuño de 2019

MOCHILAS VIAXEIRAS

Remata a actividade "Hora de Ler", coas mochilas viaxeiras.


Con esta actividade pretendeuse fomentar a responsabilidade, gusto pola lectura en familia e desenvolver a creatividade a través dunha actividade plástica (debuxo, collage...), que continúa na aula ou biblioteca, cunha explicación por parte do neno/a cara os seus compañeiros/as sobre o argumento do conto e presentación da súa actividade plástica.

 PREME NA IMAXE PARA VER A ACTIVIDADE


GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!

CONTOS IN_ANIMADOS

Atréveste a contar un conto, unha historia co primeiro obxecto que encontres...? Así querenvos animar os alumnos/as de 3º de primaria para que utilicedes a vosa imaxinación contando historias con cousas inertes.

https://drive.google.com/file/d/1FInYxkiL6y39vgsCuc_CI7syLaw_yQ47/view?usp=sharing


Vai entrenando...