sábado, 28 de marzo de 2020

#QuedaNacasa DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Dende 1967 o 2 de abril, celébrase o "Día internacional do libro infantil e xuvenil", coincidindo coa data de nacemento de  Hans Christian Andersen, para fomentar a lectura entre os máis cativos.
Aquí vos queda unha lista de 16 contos de Andersen, seguro que xa os coñecedes.



Para conmemorar este día podemos disfrutar da lectura, dadas as circunstancias,  plataformas e editorias ofrécennos visualización e descarga gratis de libros.

Recordade que os libros sos pequenos tesouros que transpórtannos a lugares máxicos descoñecidos, fannos sentir, recordar, soñar... xusto eso é o que hoxe necesitamos voar coa cabeza deixando o  corpo na casa.

Por ese valor que teñen debemos ser agradecidos/as e aconsellamos mercar non descargar.

Para estos días excepcionais:





- O canal KALANDRAKA TV, ofrécenos contos contados.
- Os contos do camino, crTVG.
- Receitas
- Os Bolechas
- Salón do libro virtual
- Aulas Galegas, lecturas compartidas.
- GaliciaLe, A plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas

 A xanela do Maxín, ofrece o video completo da obra: "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"







Comic "Carriandola"

Moitas grazas aos creadores/as, editoriais e plataformas pola vosa solidariedade e xenenosidade.

Buscando no historial, encontramos estas fotos da actividade: "Compartindo lectura- 2018"
Ánimo e a seguir lendo na casa!!!



sábado, 21 de marzo de 2020

#QuedaNacasa DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. Este curso , nunha contorna excepcional. Compartimos o lema da ONU:" Poesía, expresión lingüista da nosa humanidade común".
E unímonos ás propostas das Bibliotecas escolares galegas, promovendo a lectura de poesía a distancia.


OBRADOIRO DE POESÍA

AQUÍ  quedan algunhas propostas


Así responderon os nosos alumnos/as ás propostas do "Obradoiro de Poesía". Entra no enlace para ver:
  • Poemas con problemas.
  • Poemas diamante.
  • Poesía titulada: "As vacinas".
  • Como se debuxa unha paisaxe de Gloria Fuertes.
  • Xogos de palabras.
  • Acrósticos.
  • Adiviñas inventadas.
  • Corentena a ritmo de verso.
Poemas diamante



Como se debuxa unha paisaxe de Gloria Fuertes





Moitas grazas, pola vosa participación.

Podemos ler: Unha poesía de Ricardo Carbahlo Calero, homenaxeado este ano nas "Letras Galegas"

FERROL 1916
Cinco duros pagábamos de aluguer.
Era um terceiro andar, bem folgado.
Pola parte de atrás dava para o Campinho,
e por diante para a rua de Sam Francisco.

No segundo vivia a minha tia aboa:
Tiña unha peza cheia de paxaros disecados
que só abria os dias de festa
para que os nenos disfrutásemos nela.

Ainda vivia minha mãe
e todos os meus irmaos viviam,
e em frente trabalhava o senhor Pedro o tanoeiro,
e a grande tenda de efeitos navais mantinha o seu trafego.

Na casa tinhamos pombas
e, por suposto, un grande gato mouro;
e o mue pai era novo ainda
e no mar do mundo cada dia descobria eu unha ilha.

Via o mar da minha fiestra,
e chegavam cornetas da marinha.
E baixava os degraus duas vezes ao dia para ir à escola,
e duas vezes rubia-os de volta.

As mulheres entom usavam capa e corsé,
e íamos à aldeia em coche de cavalos,
e a rua estava ateigada de pregons de sardinhas
e de ingleses que vendiam Bíblias. 

Eu tinha un pacto con Deus:
que ninguén dos meus morreria.
E o pacto era observado,
e eu confiaba na perenidade do pacto.

Todo isto fica tam longe
que aduro podo ainda lembrá-lo.
Esqueceria-o dentro de pouco tempo
se non escrebese estes versos.


 Carvalho Calero    

FELIZ DÍA DA POESÍA, NA DISTANCIA!

martes, 17 de marzo de 2020

#QuedaNacasa

O equipo de biblioteca, quérevos aconsellar para estos días, un tempo adicado a ler, escribir e contar.

ACTIVIDADES QUE PODEDES FACER:

"Búsqueda do tesouro": Consistirá en buscar na túa casa,  libros que non sabías que existían e recordar coa lectura aquelas historias. 
- Infórmate nas enciclopedias que teñas na casa.
- Escribe un diario.
- Escribe un texto reflexionando sobre o que está a acontecer.
- Describe as túas emocións.
- Elixe un tema e un destinatario/a, prepara unha entrevista.
- Que che conten contos, historias ...
- A túa creatividade tamén é importante... adícalle un tempo. 







venres, 13 de marzo de 2020

8M ... MARUJA MALLO

Adicamos o día internacional da muller a coñecer a pintora galega Maruja Mallo, para encuadrar esta actividade dentro do proxecto que desenvolve a biblioteca: "Pintoras e pintores" e destacar a esta artista como muller: libre, rebelde, loitadora...
En primaria: Interpretación de cadros de Maruja Mallo: Retratos, máscaras, racimo de uvas...



En infantil  "sorpresa do trigo". Maruja Mallo


Preme AQUI, e visita a web do centro