Dentro da cociña festiva do noso PDI, comezamos polo "SAMAÍN SABOROSO", cheo de receitas e pócimas para degustar, crear e xogar.
...A biblioteca escolar ofrece oportunidades de recursos para escribir e escribirnos: Arte que comunica, alimenta e arrepía.
MENÚ DE SAMAÍN
- Tartaleta de cabaza:
Ingredientes:
- Cabaza cocida (medio kilo)
- Doce de leite (200grs)
- Iogur de vainilla (2u)
- Zume de laranxa (1 medida iogur)
- Coco relado para decorar.
Mesturar tódolos ingredientes e encher as tartaletas. Riquísimas!
- Froitas terroríficas:
Cabazas con mandarinas, monstros con mazás e pantasmas con plátanos. Un almorzo saudable e divertido. - Fábrica de galletarañas:O alumnado de Infantil, na aula ABN, fabricou series de galletas segundo os encargos que recibían do dado. O molde das galletarañas, creouse coa impresora 3D.Outra posibilidade de xogo matemático é tirar o dado fabricar as galletarañas. tirar de novo o dado por turnos e reaxustar o número de galletarañas ... fabricar máis ou retirar?
- Pócima Saborosa de Samaín:
Para este xogo matemático, reciclamos tapóns, caracterizados con arañas, ollos de zombi, esqueletos... que serán os ingredientes da pócima. Tiramos un dado que indica a cantidade, levantamos o tapón laranxa que indica o ingrediente que temos que botar no pucheiro. Facemos o conxuro e remexemos. Tamén se ecribe a propia receita.
- Dedos terroríficos con salchichas e améndoas:
PREME NA IMAXE PARA VERA SÚA ELABORACIÓN
BO PROVEITO!
Recomendación lectora:
Escarlatina, a cociñeira defunta. Ledicia Costas. Ed. Xerais.
... Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.
Yara, unha alumna de 5º, quixo recrear este libro nun diorama.