venres, 22 de marzo de 2024

ESPECTÁCULO DE MAXIA


 O mago Paco, sorprendeunos co seu espectáculo de maxia.

 ....Que pasa cando se xuntan as historias dos contos coas palabras máxicas dos magos? Pois a maxia apodérase dos contos e os contacontos convírtense en "Contamaxias"


PREME NA IMAXE  para ver algúns dos mellores momentos


mércores, 20 de marzo de 2024

MES DA POESÍA



OBRADOIRO DE POESÍA: Materiais e recursos para traballar a poesía creativa.



-  1,2,3 ... a escribir campo a través. Obradoiro de Poesía como actividade de escritura creativa: Inventaron acrósticos con cadanseu nome, completaronversos con anáfora e plasmaron en imaxes un poema de Leire Bilbao.


-   Lecturas expresivas por divertimento.



- Versos monstruosos, con pezas de cartolina. Encontra a túa combinación, hai moitas posibilidades.


- Poesía e natureza.

PREME NA IMAXE Para ver un poema musicado



luns, 18 de marzo de 2024

17 de MARZO, DÍA DA BANDA DESEÑADA

 Para conmemorar este día, o alumnado despois de ver o video sobre este conto en inglés: "The Good Egg", de Jordy John e peete Oswald; traballou en equipo para pasalo a banda deseñada. Unha historia relativa á convivencia entre iguais. 

Como actividade creativa final, decoraron oviños para representar aos personaxes do conto.


- Obradoiro de: Banda deseñada.



venres, 8 de marzo de 2024

#8M

GAITEIRAS LAPBOOK                      


Con este libro interactivo desenvolven distintas habilidades STEAM, rompendo cos estereotipos de xénero e potenciando un achegamento ao ámbito científico-tecnolóxico soldando e cableando circuítos eléctricos dun xeito creativo e estético.


Libro de lapelas sobre Ángeles Alvariño. Precursora da oceanografía. Nada nun pequeno pobo da costa de Galicia, Ángeles Alvariño foi unha amante do mar que dedicou toda a súa vida á investigación e divulgación do mundo dos océanos. Alvariño é a única científica española mencionada na prestixiosa Enciclopedia of World Scientists, unha publicación onde aparecen os mil científicos mundiais máis importantes de todos os tempos.

 

Entre estas 140 biografías, cantas mulleres aparecen?
Podes sorprenderte... A resposta é nove.



PREME NA IMAXE para ver máis



luns, 4 de marzo de 2024

2ª CITA CLUB DE LECTURA

O club de lectura "Páxinas en Branco" (5º de primaria), reuniuse para comentar o libro: "Perigo vexetal" de Ramón Caride.

Todos/as as participantes coincidiron en que elexiron este libro pola temática pero a lectura do libro fíxoselles pouco amena.



venres, 1 de marzo de 2024

ANIMACIÓN Á LECTURA E SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL.


Actividade ofertada polo concello de Ourense: "Conta coa natureza, incendios forestais".

Esta temática foi tratada pola escritora do libro, a través do conto teatralizado: "Xela, a superheroína da aldea" de Inma Soto.

Un conto sobre a nosa natureza, que pon en valor os nosos recursos e busca que os nenos/as coiden o entorno natural.
Coa finalidade tamén de animar ao alumnado o interese por lecturas desta temática.