mércores, 15 de decembro de 2021

GUÍA DE NADAL

 Este ano, a guía de lectura témola presente na entrada do cole, na árbore de Nadal, creada con rolos de reciclaxe (PDI ECOmundi) e decorada coas imaxes dos libros que vos recomendamos.




Por un nadal sostible e local!

venres, 3 de decembro de 2021

2ª CITA CLUB DE LECTURA

O libro do que falamos hoxe gustoulles moito a iste club de 6º, pola súa orixinalidade ,polas ilustracións e por relatar unha historia de amor que calificaron de "épica".

Mil cousas poden pasar. Jacobo Fernández Serrano.

Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo
IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á sucesión de situacións imaxinativas e disparatadas na cidade de Nil, onde todo é posible, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese en lóxico. O xurado do Premio Merlín de literatura infantil 2009 sinalou que Mil cousas poden pasar. Libro I vainos amosando unha serie de pezas que acaban conformando de maneira totalmente natural un mosaico fermoso e único, construíndo un imaxinario propio e un mundo fantástico orixinal e novidoso, sólido e sen fisuras. Grazas ás pequenas (ou grandes) historias das personaxes que habitan a cidade de Nil, descubrimos un universo que trascende os límites desta novela e que non recorre a tópicos anteriores da literatura infantil


Iniciamos o club de Lectura de 5º de primaria, comentando o libro: "Perigo vexetal", de Ramón Caride.
Calificaron este libro de ecoloxista e interesante. Gustoulles moito.

Perigo vexetal. Ramón Caride.

É unha novela clásica de aventuras ambientada no ano 2075, entre Galicia, Arxentina e Suiza. Dous irmáns orfos, Sheila e Said, de 10 e 12 anos respectivamente,póñense en contacto cos "rapaces do pasado" para contarlles unha extraordinaria aventura. Viven nun muiño da parroquia de Loreda e descobren, gracias á rede informática universal, un plano para domina-lo mundo, e loitarán ó longo de toda a novela para contrarrestalo. Escrita alternativamente en primeira persoa por cada un dos protagonistas, axiña descubriremos que a existencia dunha nova planta alimenticia, o supercereal SC-1, obtido por manipulación xenética, vai ser o eixo de toda a trama.


Na próxima reunión do club de 6º, comentaremos "El gran gigante bonachón". Roald Dahl



Na próxima reunión do club de 5º, comentaremos "Quokka moka".  María Solar.


Anímate e participa!



mércores, 1 de decembro de 2021

CIENCIA QUE CONTA

 Rematou o mes de novembro e recompilamos todas as actividades que fixemos este mes sobre ciencia.

En primaria, a actividade consistía en:

Explicar algunha curiosidade científica, un fenómeno natural, o porqué dalgunha cousa, un experimento sinxelo, seres vivos/inertes, coidado do medio....e subilo á aplicación: Flipgrid 

PREME NA IMAXE PARA VER A ACTIVIDADE


En infantil, fixéronse varios experimentos:

- Mans invisibles que aparecen coa pintura.

 

-  Volcán en erupción.

  

- Sobres sorpresa. Adiviña o que hai dentro do sobre.

 


- Experimentamos co libro "Conta Comigo" de Miguel Tanco. As matemáticas están en todas partes.



xoves, 25 de novembro de 2021

TODAS AS MANS SON NECESARIAS

 Mural elaborado con materiais de reciclaxe.  "Todas as mans son necesarias".

PREME NA IMAXE PARA VER EN DETALLE A ACTIVIDADE


Exposición na entrada do cole, o contido da caixa  IGUÁLA-T, para o seu uso nas aulas,


"Las niñas serán lo que quieran ser" de Raquel Díaz Reguera.


A biblioteca vai a buscar a palabra ao patio do recreo.
Que opina o noso alumnado sobre a igualdade entre homes e mulleres, estereotipos de xénero e casos de violencia no cole. 


Yo quiero ser... a profesión non está determinada polo xénero



 Mans invisibles que aparecen coa pintura.


Contacontos no cole con Uxía Morán. Quen quere ser feminista?
"Guapa" de Canizales, entre outros.


Únete a nós... Somos a "Banda pica pica". Canción de A Gramola Gominola.
A xente que é abusona corre toda con pavor...
Ningún cole da comarca ten alumnado con temor...
Ningunha inxusticia quedará sen solución...
 
 

luns, 15 de novembro de 2021

ROBOTS NO SAN MARTIÑO

 Entra na Biblioteca Creativa, par ver as actividades realizadas con escornabots e beebots, por mor da celebración do magosto.


 - Carreira de San Martiño, con escornabots en infantil.


 - Apaña castañas e cálculo matemático, con beebots en primaria.


 

xoves, 4 de novembro de 2021

CHEGA NOVEMBRO... O MES DA CIENCIA

 Queremos dar divulgación á publicación que fai "Bibliotecas escolares de Galicia", para que podades acceder ao folleto informativo sobre a ciencia en galego, materiais e recursos de interese.

 Nós, tamén traballaremos este mes a ciencia, a través de preguntas científicas e experiencia de aprendizaxe.





sábado, 30 de outubro de 2021

MALETA CREATIVA

En outubro , coincidindo co mes da biblioteca escolar, a Asesoría de Bibliotecas Escolares e baixo o nome de MALETAS VIAXEIRAS, permite ás bibliotecas dos centros interesados a reserva de maletas de diferentes temáticas para levar en préstamo temporal, como apoio ás súas actividades.

Reservamos a "Maleta creativa", que estivo roldando polas aulas durante este mes. 







"Tangram Gato" chegounos na "Maleta creativa". Cun chisco de imaxinación convertémonos en narradores de historias dándolle vida a distintos personaxes creados coas sete pezas xogo do Tangram.


venres, 29 de outubro de 2021

O SAMAÍN NA BIBLIOTECA CREATIVA

 Accede ao espazo da "Biblioteca creativa", para ver as actividades realizadas polo samaín.



 Vampi-números


Scape Room de samaín


Escornabot emparella monstros




xoves, 28 de outubro de 2021

CONTACONTOS: AS BRUXIÑAS DA LETRA "ERRE"

As tres bruxas: Rebeca, Rocío e Ruperta, estiveron cos nenos e nenas de 1º de primaria comprobando a súa pronuncia coa "rr" e marcharon moi satisfeitas. 



sábado, 23 de outubro de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS


O 24 de outubro, celebrase o Día das Bibliotecas, baixo o lema "Bibliotecas: Ler, aprender e descubrir".
Nós aproveitamos esta conmemoración para presentar as novidades, o PDI que se vai a desenvolver ao longo do curso (ECOmundi) e algunhas recomendacións de lecturas, suxeridas polos alumnos/as.




Presentación de novidades por parte do equipo de biblioteca nas aulas:


Recomendacións de lecturas por parte dos alumnos/as:

- Douche a miña palabra. Fran Alonso. Ed, Xerais.

"...Como se chega a ser escritora ou escritor? Por que se escribe? Pódese vivir sen ler? Pódese aprender a pensar a través da lectura? Un libro orixinal para reflexionar sobre o superpoder da lectura e sentir a chamada das palabras".

E lectura adaptada do poema de Roberto Juarroz "A Biblioteca".


- Con calma: 50 historias de la naturaleza. Rachel Williams. Ed, Flamboyant

"...A nuestro alrededor, la naturaleza hace maravillas. Cada día, hora tras hora, suceden cosas mágicas ante nosotros. Pero no siempre es fácil verlas... Descubre 50 historias de la naturaleza y observa cómo se desarrollan. Luego sal y comprueba qué te encuentras cuando te tomas el tiempo para desacelerar."




venres, 15 de outubro de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS

 O 18 de outubro, celebramos o día das escritoras para ... "Reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia". 

Para este día a actividade que propoñemos é un xogo de pistas para descubrir a través dun texto, o libro e a súa autora. O xogo preséntase en dous formatos: online e presencial na biblioteca. 

Empeza a xogar xa!

Así foi como se desenvolveu a actividade na biblioteca.


En infantil, aprendemos cos contos das escritoras:

 Paula Carballeira, "Mateo". Despois de ler o conto fíxose un debuxo e unha actividade grafomotriz (Axudouse a Mateo a buscar o camiño que levaba a súa nai).

  Lucía Serrano. "Basura y más basura". Que pasa coas cousas que tiramos?, Por que é importante consumir de xeito responsable?, Podemos facer algo para coidar o noso planeta?

Despois da lectura do libro, reutilizamos unha folla de xornal para crear o corpo humano. 


Abenizamos o conto de Olga de Dios, "A ra de tres ollos". Sensibilizámonos co medio ambiente e contamos a montaña de cousas que fabricou  <A Fabrica de Cousas Novas>.


 

venres, 1 de outubro de 2021

1ª CITA CLUB DE LECTURA

 Os e as participantes do club de lectura, iniciaron a singradura deste novo curso moi animados/as a seguir lendo. Valoraron moi positivamente este libro de Ledicia Costas , malia consideralo un pouco triste nalgún momento.

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta.
Ledicia Costas

7ª Edición - Premio Lazarillo de Creación Literaria, 2015 - Premio Fervenzas 2016 ao Mellor Libro de Literatura Xuvenil -Premio Fervenzas 2016 Mellor Capa de LIX - Premio Gala do Libro Galego (Infantil/Xuvenil), 2017 - Premio The Withe Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2017 - Recomendado pola "Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade" da Xunta de Galicia

O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeadas dun halo de misterio. A chegada de Jules Verne á botica revolucionará as vidas desta singular familia. O tempo esgótase: a avoa Melisa está enferma e necesitan atopar unha cura. Mais hai ocasións en que non se pode loitar contra a forza da natureza. Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta é unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible.


 Na próxima reunión, en decembro, comentaremos un libro máis humorístico:

"Mil cousas poden pasar "de Jacobo Fernández Serrano. Ed. Xerais.


 Anímate e participa!!

xoves, 30 de setembro de 2021

PDI " ECOmundi"

 Desenvolveremos ó londo deste curso o PDI (proxecto didáctico interdisciplinar) "ECOmundi", manifestando así o noso compromiso co medio ambiente.

Esta presentación é unha guía de propostas e recursos que xuntos enriqueceremos.


Obxectivos de desenvolvemento sostible que cumpre o noso PDI

mércores, 29 de setembro de 2021

BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO

 No mes de Outubro comeza a actividade na Biblioteca, estámoste esperando con moitas novidades e proxectos. 

Compartimos o cartel e facemos uso do lema que A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica  para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2021/2022.

O lema elixido, A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA

"...É tamén unha proposta para a recuperación da tradición oral como unha forma de achegar o alumnado ás raíces da cultura na que medra, facilitándolle así as claves para acceder ao rico patrimonio inmaterial galego que ten dereito a coñecer, gozar e darlle continuidade".



Aproveitamos para recordar o protocolo covid, que aínda segue vixente.

martes, 22 de xuño de 2021

XOGOS AMBIENTADOS NO MEDIEVO PARA DESPEDIR O CURSO

 O luns e martes, organizáronse xogos ambientados no medievo para dar por concluído o Proxecto Didáctico Interdisciplinar: "A Idade Media" e así despedir este curso da maneira que máis nos gusta: XOGANDO.

Repartimos os patios por recantos e actuamos en grupos burbulla no seguinte circuito de xogos:

  • Obradoiro indiaca.
  • Torneo cooperativo.
  • Bolos
  • Carcassone ( Xogo de mesa)
  • Encesta no castelo.
  • Xadrez  (Cabalos e reis).
  • Busca na area o cabalo-cabaleiro-escudo. Ollo co dragón ! (Xogo de tacto).
  • Pinta o dragón con pataca en equipo.
  • Ponlle coroa, ollos e barba ao rei, ás ordes dos teus compañeiros  (Xogo de orientación).
  • Carreira de rás.
  • Tiro con arco.

Unha recompilación destas xornadas lúdicas.

xoves, 17 de xuño de 2021

GUÍA DE LECTURAS RECOMENDADAS PARA O VERÁN

 Estamos  rematando este curso e dende a Biblioteca queremos recomendarvos unhas lecturas para soñar ao aire libre no verán.

luns, 17 de maio de 2021

XELA ARIAS a diario

 Ó longo da semana, completouse unha exposición de retratos do noso alumnado, inspirados nos versos de Xela Arias. Os marcos dos retratos realizáronse nun obradoiro con materiais reciclados.

Poemario: "Darío a diario"

Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.



Carteis de Xela Arias, decorando a entrada do cole.


                   
Unha recompilación de actividades como: recitado de versos, cancións, bailes...

PREME NA IMAXE PARA VER AS ACTIVIDADES


A biblioteca creativa sorprendeunos: Robótica, poesía e impresión 3D

PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NA BIBLIOTECA CREATIVA
 Actividades organizadas polo equipo de Biblioteca. biblioteca creativa, ENDL e AAEE.

mércores, 28 de abril de 2021

TEATRO DE MONICREQUES: "As Fabas Máxicas"

Teatro en  streaming e lingua de signos, ofertado pola Afundación, dentro do programa: Teatro para escolares. 

Coa obra: "AS FABAS MÁXICAS" de Caramuxo Teatro.

Este espectáculo en directo, contado en primeira persoa con monicreques, acércanos a unha nova versión do coñecido conto infantil: " Xan e as fabas Máxicas". 
Do que gozaron o alumnado de infantil e 1º de primaria, como alternativa ao teatro presencial.


luns, 26 de abril de 2021

5ª CITA, CLUB DE LECTURA.

"A lagoa das rapazas mudas" de Fina Casalderrey e ilustrado por Patricia Castelao, é o relato da emigración e o rexeitamento, as dificultades que sofren moitos emigrantes. A amizade de Amina e Ío amosa que, tantas veces, a posibilidade da comunicación está por riba das palabras. A convivencia no eido escolar, a comunicación extralinguüistica ou o coñecemento da cultura africana son alguns dos temas abordados nesta formidable novela.

RESUMO:

Amina vaise vivir a un lugar remoto do que descoñece ata o idioma. Un día chega ao seu novo colexio e decátase de que todas as nenas visten coma ela, peiténase coma ela., son de súpeto cuspidiñas a ela. A profesora de inglés fai unha impresionante revelación que Amina vai descifrando grazas ao debuxos da súa amiga Ío, unha rapaza xordomuda. Pero Ío desaparece misteriosamente.

Nesta cita, comparamos a situación da protagonista coa realidade nas aulas.
O libro gustou moito, tanto como para recomendarllo a outros compañeir@s.


venres, 23 de abril de 2021

ILLA LIBRARIA

 En illa Libraria, atópase a lagoa das Metáforas, a aldea dos Personaxes Fantásticos, a península da Realidade, o río da Sabedoría, o bosque das Palabras Fermosas, os retos literarios, Bookstagrammer, Hospital de libros, libros infinitos...

Gazas aos seus mapas e maquetas logramos gozar dun xeito creativo o 

"Día do Libro".


   


Reto literario:


Bookstagrammer: 


Roteiro por: Hansel e Gretel, D. Quixote, Platero, Moby Dick ... Ao rematar cada personaxe a cadansúa casa.



Hospital de libros: 
Ao longo da mañá a Dra. Cecila atendeu tódalas emerxencias  que se produciron nas bibliotecas de aula en infantil. Auscultou, tomou a febre aos libros e administrou algún paracetamol.

Tamén a Dra. Cecilia, puxo aos nenos/as e profes a vacina para coidar e querer máis aos libros.

No día do libro non faltaron 

"Lecturas intuitivas, POR ... E CON sorpresa"


Como facer un conto infinito paso a paso.




FELIZ DÍA DO LIBRO !

mércores, 14 de abril de 2021

Señores pasaxeir@s á Biblioteca!


 Co lema deste curso "Xeografías lectoras na biblioteca escolar" iniciamos un curso sen rumbo ... pero chegando case a destino, a través dos libros da Biblioteca, viaxamos por paisaxes  fantásticas creadas polos escritor@s e trasmitidas por lector@s como nós, así descubrimos e situamos outros mundos.

Mostramos unha recompilación de actividades realizadas ao longo do curso, algunhas delas xa publicadas no blog: Por un Nadal en familia (guía de lectura), #11F A nena na ciencia, Ruada de entroido .

sábado, 27 de marzo de 2021

FELIZ DÍA DO TEATRO!

 Queremos dar visibilidade a este día pola importancia que ten para o ser humano "Contar, dramatizar e sentir historias".

Disfrutade con esta pequena representación do libro "Os catro Amigos"  Jakob & Wilhelm Grimm. En teatrillo con monicreques.


mércores, 24 de marzo de 2021

DÍA DA POESÍA

 Celebramos o día da poesía, seleccionando libros de poesía para o expositor poético, recitando poemas, xogando co escornabot rimeiro, poemas debuxados,  exercicios poéticos...

- EXPOSITOR POÉTICO


- MURAIS DE POESÍA E POESÍA [@] [r] riscada.



- Beetboot RIMEIRO BUSCA A RIMA POLO TABOLEIRO.

- POEMA DEBUXADO DO LIBRO "FAFARRAIOS" de Gloria Sánchez.


O fío desta obra son os números -ou fafanúmeros-, que nos levan polos trinta e tres poemas que constitúen este libro. Unha parte desas composicións baséase fundamentalmente no ritmo e na musicalidade; outras pasean personaxes fantásticos, piratas, bruxas, lobos feroces, dragóns ou vampiros, ou recrean contos de reís e princesiñas; outras xogan con crocodilos, abellas, pombas ou galiñas; outras sentan á mesa con obxectos máis cotiáns, como os garfos ou os coitelos; outras, en fin, abordan o consumismo ou a ecoloxía.O conxunto resulta un libro ben construído, que emprega recursos da literatura popular de tradición oral en perfecta simbiose coas técnicas máis actuais, polo que supón unha excelente aproximación á poesía para os primeiros lectores.





-EXERCICIO POÉTICO DE FRAN ALONSO.


- RECITADO DE POEMAS de Rosalía de Castro e Leire Bilbao.

* Rosalía de Castro: 

"Vente Rapaza"

* Leire Bilbao, do libro "Bechopoemas e outras Bestas"

"Os Ratos nos calcetíns"

" Tiburón da boca sucia"

"Contando ovellas"