xoves, 24 de outubro de 2024

DIA DAS BIBLIOTECAS

 Celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS, cunha actividade na biblioteca: Encontros coa autora 

O alumnado de 5º, 6ª de infantil e 1º de primaria, xuntáronse con Elena Andrés, escritora e ilustradora do libro "VOU", Para facer unha lectura do libro e ilustración dos personaxes.

Contounos que...
Xan e os seus amigos quedan todas as tardes no parque. Hoxe van xogar aos agochos e tócalle a el poñerse a buscar. Sempre me toca contar a min? Tarde piaches, Xan! Conseguirá dar co agocho de cada un dos seus amigos? A ver se desta atopas a alguén!




Quedaremos unha segunda sesión para darlle cor aos personaxes.


Tarefa cumprida.

Elena Andrés, agasallounos con estas imaxes do noso alumnado, como personaxes de comic



xoves, 17 de outubro de 2024

OBRADOIRO DE ESCRITURAS ANTIGAS

As rapazas e rapaces de 2º, 3º, 4º e 5º de Primaria participaron nun obradoiro de escritura antiga, neste caso exipcia, romana e grega. Para elo utilizaron materiais especializados como a caña e o pergamino.
Actividade encaixada na temática do PDI deste curso "Pequemundi", que xira arredor das diferentes culturas actuais e antigas.




venres, 11 de outubro de 2024

1ª CITA CLUB DE LECTURA "OS FABULOSOS"

 "OS FABULOSOS", foi o nome elexido polo grupo para os integrantes do club de lectura de 5º de primaria.

Comeza a súa andaina, comentando e dramatizando varias fábulas de Esopo.



1ª CITA CLUB DE LECTURA "PINGUIÑAS DE FANTASÍA"

 "PINGUIÑAS DE FANTASÍA", foi o nome lexido polo grupo para os integrantes do club de lectura de 4º de primaria.

Iniciaron o curos coa lectura de "La maravillosa medicina de Jorge", de Roald Dahl.

Valorado como excelente polo alumnado


Na próxima reunión comentarase o libro: "Mao Tiang Pelos tesos" de Monserrat del Amo.

... En la lejana China está ocurriendo algo extraordinario: la vieja emperatriz ha convocado un concurso entre todos los habitantes del Imperio para elegir al que será futuro emperador y marido de la princesa Yin Li. Los aspirantes llegan a cientos, a miles, ante las puertas del Palacio Imperial. Mao Tiang Pelos Tiesos, un joven cuidador de patos, es sin duda el más humilde, torpe y despistado de todos ellos… aunque su espíritu optimista, valiente y generoso tal vez nos reserva alguna sorpresa.

BIBLIOTECA ESCOLAR, A ESCENA!

 Este é o lema que propón a Asesoría de bibliotecas escolares, para este curso 2024-25.

"... As nosas bibliotecas escolares saen a escena para ler, interpretar, radiar, escribir e gozar co TEATRO."


O club de lectura de 6º de primaria: "Páxinas en Branco", xa está en marcha, preparando a obra de teatro para representar no nadal.