Quédanos unha semana por diante para celebrar o día da poesía e xa se
están cociñando algúns poemas para a súa degustación.
Propoñemos: Xogos con poemas, recollidos na seguinte UD.
CONTIDO DA UD:
- Emparella versos saborosos
- Crea os teus propios "Poemas para merendar"
- Ordena os versos do Poema "Liñas ao Roquefort" de J. Antonio
Ramírez Lozano.
- Completa o poema...
-Versionamos "Cea para dous" de Marga Tojo
- Metáforas que alimentan
- Caligrafía Creativa
Algúns adianto: Recitando e interpretando poemas.
- "Cea para dous" poema recollido no libro
"Cara de Velocidade" de Marga Tojo.
Interpretado polo alumnado de 1º de primaria e colabora Camilo, responsable
do comedor.
- "Liñas ao roquefort" poema recollido no libro
"Sopa de soño e outras receitas de cocociña" de Jose Antonio Ramírez
Lozano.
Recitado e interpretado polos alumnos/as do club de lectura de 6º de
primaria.
- Taller de escritura creativa (lettering)
- "Cocido de ceros" e "Bufanda ao pescozo" poemas recollidos no
libro "Sopa de soño e outras receitas de cocociña" de
Jose Antonio Ramírez Lozano.
Recitados e interpretados polos alumnos/as de 4º de primaria.
- "Misión especial no comedor escolar" Poema recollido no libro "Sopa de soño e outras receitas de cocociña" de Jose Antonio Ramírez Lozano.
Recitado e interpretado polos alumnos/as de infantil.
- "As árbores alimentan" un poema saboroso do libro "Poemas con piruleta" de Carlos Fontes.
O alumnado de 3º signa e recita o poema en Lingua de Signos,
As árbores dannos madeira, combustible, alimento, fermosura, menciñas, son o fogar de moitos animais... e tamén nos dán os versos deste poema co que aprendemos a signar as árbores froiteiras e os seus froitos en lingua de signos.
- Menú de Poesía. Os alumnos/as de 5º de primaria presentáronnos o
restaurante da biblioteca, onde podemos degustar o menú de poesía por un
prezo accesible.