Teatro en streaming e lingua de signos, ofertado pola Afundación,
dentro do programa: Teatro para escolares.
Coa obra: "AS FABAS MÁXICAS" de Caramuxo Teatro.
Este espectáculo en directo, contado en primeira persoa con monicreques,
acércanos a unha nova versión do coñecido conto infantil: " Xan e as fabas
Máxicas".
Do que gozaron o alumnado de infantil e 1º de primaria, como alternativa ao
teatro presencial.
"A lagoa das rapazas mudas" de Fina Casalderrey e ilustrado por Patricia Castelao, é o relato da emigración e o rexeitamento, as dificultades que sofren moitos emigrantes. A amizade de Amina e Ío amosa que, tantas veces, a posibilidade da comunicación está por riba das palabras. A convivencia no eido escolar, a comunicación extralinguüistica ou o coñecemento da cultura africana son alguns dos temas abordados nesta formidable novela.
RESUMO:
Amina vaise vivir a un lugar remoto do que descoñece ata o idioma. Un día chega ao seu novo colexio e decátase de que todas as nenas visten coma ela, peiténase coma ela., son de súpeto cuspidiñas a ela. A profesora de inglés fai unha impresionante revelación que Amina vai descifrando grazas ao debuxos da súa amiga Ío, unha rapaza xordomuda. Pero Ío desaparece misteriosamente.
Nesta cita, comparamos a situación da protagonista coa realidade nas aulas.
O libro gustou moito, tanto como para recomendarllo a outros compañeir@s.
En illa Libraria, atópase a lagoa das Metáforas, a aldea dos
Personaxes Fantásticos, a península da Realidade, o río da Sabedoría, o
bosque das Palabras Fermosas, os retos literarios, Bookstagrammer, Hospital
de libros, libros infinitos...
Gazas aos seus mapas e maquetas logramos gozar dun xeito
creativo o
"Día do Libro".
Reto literario:
Bookstagrammer:
Roteiro por:Hansel e Gretel, D. Quixote, Platero, Moby Dick ... Ao rematar cada
personaxe a cadansúa casa.
Hospital de libros:
Ao longo da mañá a Dra. Cecila atendeu tódalas emerxencias que se
produciron nas bibliotecas de aula en infantil. Auscultou, tomou a febre
aos libros e administrou algún paracetamol.
Tamén a Dra. Cecilia, puxo aos nenos/as e profes a vacina para coidar e querer máis aos libros.
Co lema deste curso
"Xeografías lectoras na biblioteca escolar"
iniciamos un curso sen rumbo ... pero chegando case a destino, a través dos
libros da Biblioteca, viaxamos por paisaxes fantásticas creadas polos
escritor@s e trasmitidas por lector@s como nós, así descubrimos e situamos
outros mundos.