Para conmemorar o día do libro, buscamos na biblioteca libros relacionados coa temática do noso PDI: "Ecomundi".
Nun expositor, recomendamos libros relacionados coa saúde do noso planeta, reciclaxe, xardinería, horto... e un adianto ó autor homenaxeado nestas Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán. Polos vieiros da saudade, Héctor Cajaraville.
Tamén están expostas algunhas actividades feitas sobre libros: "A folla azul" de Andrea Maceiras, "Mares de plástico" de Ana Alonso, "¡Alguien se ha tragado a Lola!" de Sarah Roberts.
Outras actividades:
- XOGOS DE TABOLEIRO, sobre o libro "Perigo Vexetal" de Ramón Caride
- CAL É O TEU CONTO? Inventao en equipo.
- ACTIVIDADES LÚDICAS-PLÁSTICAS, Sobre os libros:
"¡Alguién se ha tragado a Lola!" de Sarah Roberts.
Moito que reflexionar...
"Flores" de Hansé Tullet.
- VISITA DA DOCTORA CECILIA. Como tódolos anos, a doctora Cecilia, visitou as bibliotecas de aula de infantil, para ver a súa saude... a verdade é que todas recibiron a distinción: Corazón verde, polo trato aos libros, orden e gusto pola lectura.