mércores, 23 de decembro de 2020

FELIZ NADAL LECTOR!!

 O equipo de Biblioteca deséxavos un FELIZ NADAL LECTOR.

Aproveitamos as primeiras creacións da impresora 3D. Bolas personalizadas de Nadal: Imprimíronse os aros coa impresora 3D, engadíronse acetatos de cores e escribíronse os nomes do alumnado e profesorado do cole. 

Con esta imaxe de vidreira queremos darvos as grazas por tanta responsabilidade.



sábado, 19 de decembro de 2020

POR UN NADAL EN FAMILIA!

 Aproveita este Nadal para descubrir mundos imaxinarios en familia.

Pódeste asesorar nesta guía de lectura.


Estes  BOOKtubers, vanvos facer "Recommendatio lecturibus", do libro: Lupas y Nanai. Un misterio de fuego. Diego Arboleda. 

Pareceulles un libro moi interesante.


Como imos pasar moito tempo en familia tamén vos recomendamos  xogos de mesa.


venres, 18 de decembro de 2020

XOGOS DE INVERNO

 Os xogos volven á biblioteca en espazos máis seguros e respectando as medidas COVID.

O equipo de Biblioteca e AAEE programaron divertidas xornadas de xogos durante todo o mes de decembro.

-Xogos de escornabots con taboleiros con preguntas, acendido da árbore e xogos de orientación.

-Xogos de mesa como o Quiddle, dominós e o Set (xogo de lóxica).

-Programación do Mbot con luces, panxoliñas e mesaxes na pantalla Led.



- Xogos en infantil: De lóxica, secuenciación, organización espacial, lateralidade, produto cartesiano, memoria...


Escolma de xogos



xoves, 3 de decembro de 2020

2ª CITA CLUB DE LECTURA

 Esta 2ª cita do club de lectura foi presencial na biblioteca, sempre mantendo as medidas de seguridade Covid.

Reunímonos para compartir opinións, sensacións ... sobre o libro:

"Amelia Fang e o Baile Barbárico". Laura Ellen Anderson


A Amelia encántalle xogar á pilla e pasar o tempo con Polpiña, a súa cabaza mascota. Odia o Baile Barbárico anual que organizan os seus pais. Ah, e outra cousa: Amelia é unha vampira. Cando o príncipe de Nocturnia captura a Polpiña, Amelia debe planear un rescate arriscado. Pero no Reino da Escuridade non todo é o que parece.




Algunhas das opinións que manifestaron os membros deste club de lectura (Alumnos/as de 5º P), foron que disfrutaron moito con iste libro, foi cómico e inspirador. Encantoulles Polpiña unha cabaza-mascota moi riquiña, tamén Federico un personaxe que evolucionou ao longo da historia.

Neste libro, aparentemente terrorífico, descubriron  a temática da amizade e o compañerismo...

Por iso quedaron en ler a continuación da historia: Amelia Fang e os Señores Unicornios.


Moitas grazas pola vosa participación !

sábado, 28 de novembro de 2020

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

... chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo. Xurxo Mariño Alfonso
Entra na asesoría de bibliotecas escolares para ver unha recompilación de recursos dixitais ralacionados coa ciencia en galego


Actividades que realizamos no noso centro relacionadas coa ciencia e co PDI:  Idade Media
  • Recreación con plastilina dos aparatos do corpo: Respiratorio, dixestivo.
  • Trebellos típicos dos artesáns que traballaban nos gremios na Idade Media.
  • Como funciona unha nora?
  • Construción de armas madievais: Arco e frecha con material de refugallo, catapulta...
  • Escritura medieval. Elaboración da tinta empregada na época medieval.
  • Tinguir con café o papel para semellar un pergameo.
  • Peso relacionado coa densidade.
  • Microscopio para identificar e buscar coronavirus.
  • Elaboración dun "Xogo de luz ABN": Para relacionar o número coa cantidade, grafía e tantos coma...



Obradoiro de ciencias con experimentos fáciles e divertidos na clase de 6º de EP.

Libro guía: "Experimentos. Os segredos da auga" Ed. SM

domingo, 15 de novembro de 2020

#DíaInternacionalContraViolenciaXénero

 O 25 de novembro, é un día para reflexionar sobre canto avanzamos na igualdade e como consecuencia que aportacións facemos cada un de nós para erradicar a violencia de xénero.

Despois desta presentación "Mulleres con moito que dicir".


Participa no RETO:
Emparella cada obra coa súa autora (Un pequeno homenaxe "AS ESCRITORAS", polo seu labor e legado na historia). 
Podes informarte coa presentación "Mulleres con moito que dicir" ou visitar a Biblioteca do cole e buscar na Caixa IGUALA-T


Ficha para emparellar as obras coas súas autoras.


 

 
Lectura de libros da sección:  IGUÁLA-T

                                               
Carteis que mostran a importancia do respecto e da igualdade entre mulleres e homes promovendo a erradicación da violencia.



sábado, 14 de novembro de 2020

CIRCUÍTO ESCORNABÓTICO DE MAGOSTO- BIBLIOTECA CREATIVA

 Entra na sección  Biblioteca Creativa do CEIP Vistahermosa, para ver a actividade escornabótica inspirada na carreira do San Martiño e o xogo con buxainas e escornabots.


luns, 26 de outubro de 2020

POLO SAMAÍN...

Non esquezades participar no xa clásico "CONCURSO DE RELATOS CURTOS DE MEDO", este curso ambientado nos misterios da Idade Media.

Xa estamos esperando os vosos textos cheos de creatividade e imaxinación.

Ánimo e participa!

Xa están aquí os relatos... en primeiro lugar decirvos MOITAS GRAZAS! por participar e así volo agradecemos co mellor agasallo "UN LIBRO".

Podedes ver un anaquiño dos marabillosos e terroríficos relatos que estarán á vosa disposición na biblioteca.


Entrega de agasallos aos participantes


Mural sobre vocabulario de Samaín con caligrafía do medievo (alumnado de 6º de primaria).


Deixámosvos unha
recomendación de libros e xogos interactivos para este tempo de samaín. 


Os Fantom de Patricia Mallo.


Unha historia que se move ás veces polo máis acó, ás veces polo máis aló, pero sempre, sempre, no territorio da gargallada máis terrofífica.



                        Xogos interactivos para despois da lectura





Amelia Fang e o baile barbárico. Laura Ellen Anderson



Amelia é unha vampira.
Cando o príncipe de Nocturnia captura a Polpiña, Amelia debe planear un rescate arriscado.
Pero no Reino da Escuridade non todo é o que parece.



Escape Room, atentos/as á presentación que fan os teus compañeiros/as.



sábado, 24 de outubro de 2020

Semana Mundial da Alfabetización en Medios e Información (AMI)

 Semana AMI, do 24 ao 31 de outubro, a proposta da UNESCO.

 "Resistir a desinfodemia: Alfabetización mediática e información para todos e todas".

Con esta presentación pretendemos aconsellar sobre o uso seguro e responsable da tecnoloxía.



Pra saber máis





luns, 19 de outubro de 2020

#DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón


O 24 de outubro, día das Bibliotecas.

... "A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." 

As propostas para esta celebración están pensadas nas circunstancias COVID-19, polo que animamos ao profesorado a participar dende as aulas co alumnado nos seguintes obradoiros do proxecto: "Idade Media"

- Caligrafía medieval

- Imitación de códices


Vocabulario do Samaín con caligrafía do medievo.



Despois de ler esta edición do xornal-medieval, "Érbedo dixital".




Quedamos o día 27 de outubro para facer o primeiro club de lectura on-line. Sobre o libro de Jacobo Fernández Serrano: "A avoa power"


RESUMO:
O temible ladrón Blake the Tiger anda facendo das súas na Costa das Patacas. Alí chegan Marcopola, Libro e Dragoneta para axudar a Seara, a avoa de Libro, a resolver a desfeita. Seara, como todas as avoas, é quen de facer cousas incribles, mais só ela é coñecida na vila como Avoa Power. Por que será?


Así foi a cita on-line, participaron 8 alumnos/as de 5º de primaria. Falamos do libro de banda deseñada "Avoa Power" e calificáronno como divertido, cómico e emocionante.
A experiencia foi moi gratificante tanto para os alumnos/as como para o profesorado.  




LEMUNDI, quere estar entre nós para gozar das nosas lecturas.

O día 23 faremos entrega de marcapáxinas.

Para saber máis preme no cartel.





sábado, 3 de outubro de 2020

PROXECTO INTERDISCIPLINAR: " A IDADE MEDIA"

 Dende a Biblioteca, propoñemos para este curso o proxecto interdisciplinar :

"A IDADE MEDIA". 

Debido ás circunstancias pola COVID-19, todo o proceso de motivación, orientación e información do proxecto, será comunicado a través do blog da biblioteca. 

Se queres aprender sobre este período histórico imos xa á máquina do tempo para retroceder ao século V, andaremos ata o século XV.



XOGO DE MEMORIA



PRESENTACIÓN DA LENDA DO REI ARTUR

Intenta adiviñar como segue a historia antes de pasar a páxina



O CONDE LUCANOR 

Xogo interactivo



O equipo de biblioteca espera, espertar curiosidade e interese por iste proxecto


martes, 22 de setembro de 2020

BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO E APRENDE O PROTOCOLO DA BIBLIOTECA

 Informamos que o servizo de PRÉSTAMO, comeza no mes de outubro. Imos recordar o protocolo de adaptación ao contexto da  COVID-19.


venres, 12 de xuño de 2020

VIAXA MOI LONXE, NA NAVE DO LIBRO!

Deixámosvos unhas recomendacións de libros para que gocedes dun verán lector.


O Equipo de Biblioteca deséxavos un 
Feliz Verán! 

martes, 2 de xuño de 2020

TEN A PALABRA A NATUREZA

 5 de xuño, 
"Día internacional do Medio Ambiente",
 dámoslle a palabra á NATUREZA, para que  diga que está pasando co noso PLANETA.




Conto: "Que le pasa al PLANETA"

ECO-Mundi, quere facernos unha enquisa para saber canto sabemos de ecoloxía.


Saberías botar o lixo no seu colector?


... a RECICLAR
Creamos os nosos propios xogos, instrumentos musicais e utensilios a través da reutilización e da reciclaxe.



Le o conto: "O triángulo de Malevich". Monreal Díaz, Violeta. E crea a túa SUPERHEROÍNA 3R.

Aquí están as "Superheroínas 3R", que cambiarán o mundo.



Participa no ECO-RETOS, así saberás se axudas a protexer o medio ambiente.

Autoría do cartaz: Estefanía Torres. Mestres de Galicia  

Practica os ECO-RETOS unha semana, logo marca no almanaque os días que lograche algún reto. Se consigues colocar todas as bandeiras formarás parte dos...
ECO-RESPONSABLES.

Por un mar limpo!!



Entra na páxina de Sogama, adicada á divulgación e conciencia ecolóxica. 

luns, 18 de maio de 2020

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

O 18 de maio celébrase o "Día Internacional dos Museos" esta edición 2020 co lema: "Museos pola Igualdade, Diversidade e Inclusión".
Queremos aproveitar esta data para dar por rematado o noso proxecto: "Os pintores", que se desenvolveu ó longo deste curso con actividades presenciais e tamén dende a casa debido á situación de excepcionailade na que nos atopamos.

Imos recordar con esta ficha interactiva, obras de arte nas que nos inspiramos para crear disfraces, relatos, manualidades e outras actividades.
PREME NA IMAXE


"Cadros vivintes", Recrea obras de arte dende a casa. 


Xoga coa RULETA MÁXICA, asociando o que che toque na ruleta co panel da arte.




POP ART,  movemento artístico do século XX, nace en Londres e Nueva York. Recoñécese por empregar imaxes e obxectos da cultura popular.


Interpretación da obra de Joan Miró




Podes celebrar este día facendo un percorrido polos museos de Galicia



Unha visita Online ó museo do Prado


sábado, 9 de maio de 2020

#LetrasGalegasNaCasa

Sabedes que xa queda pouco para o día das Letras Galegas, 17 de maio, como nos encantan as celebracións, imos empezar xa.
O equipo de ENDL e Biblioteca, proponvos as seguintes actividades:
- Primeiro vemos o video e despois que faremos??


- Pois si, adiviñache... un traballo creativo que teña que ver co escritor homenaxeado, Ricardo Carballo Calero, da súa vida, obra
No soporte que ti elixas, pode ser: marcapáxinas, decoración de pedras, debuxos...

- O traballo que fagas, xa sabes: foto e mándao por e-mail a:  vistah10@gmail.com



Aquí están os traballos creativos. Carvalho Calero´s crafts.



Para iso terás que estar informado/a.

Presentación da vida e obra de Ricardo Carvalho Calero, realizada por Uxía (6º de primaria)


Vida e obra de Ricardo Carvalho Calero - 5º Colexio San Pío X (Ourense)



Aprende máis coas actividades en línea do SeminarioGalán.org e coa Real Academia Galega (primavera das letras).





   




Agora que xa sabes moito sobre Ricardo Carballo Calero imos xogar coas palabras, recorda que foi filólogo.
No seu libro "A xente da Barreira", Ricardo Carballo Calero, empregou palabras enxebres coma: Adobiar, empardecer, encol, compango, latricar...
- Encontra ti a definición correcta neste  Trivia Carballo Calero


- Xoga coa Ruleta Máxica, a definir  palabras galegas fermosas.


Recomendamos "As pitas baixo a choiva". Carvalho Calero, Ricardo. Edicións Embora.


PREME NA IMAXE para ler conto en issuu,  cedido por Edicións Embora.


As pitas baixo a choiva é un relato breve que narra un feito anecdótico da infancia do autor. Descobre o neno desde a fiestra da casa que as pitas estanse a mollar e el téntaas facer entrar ó galiñeiro; elas asústanse e, ao final, todos os membros da familia acaban mollados como pitos.


ACTIVIDADES REALIZADAS SOBRE:
 "As pitas baixo a choiva

Coreografía:

 
Cómic:

Versión:

mércores, 6 de maio de 2020

#CantádemeunMaio

Así foi a celebración da festa dos Maios dende a casa.


PREME NA IMAXE