Durante este mes de novembro, estivo na entrada do colexio unha exposicón de libros e actividades científicas.
Destacamos algúnhas delas:
- Experimentos sobre as propiedades da auga (Tensión superficial, pontes de hidróxeno que conectan co átomo de osíxeno.
- Creación dun anemómetro.
- Que lle pasa ao refresco de cola cando engadimos leite?
- Reacción química: vinagre con bicarbonato de sodio, chega a inchar un globo.
- Debuxos animados científicos ( Se debuxamos con rotulador de pizarra nunha superficie e botamos auga, conseguiremos movemento nos debuxos)
- Como dobrar unha botella sen tocala.
- Como facer unha nube dentro dunha botella.
- Botella de calma
- Arco da vella con lacasitos
- Caixa dos sentidos.
- Xogo de estimación matemático.
Os maiores de 6º tamén compartiron con nós, actividades experimentais e de observacion directa, que desenvolveron na clase de ciencias.