Este curso o proxecto interdisciplinar que propón a Biblioteca é: Coñecer, recoñecer e inspirarse nas obras de pintores/as cercanos/as (ourensáns, galegos ) e os grandes clásicos.
RECOMPILACIÓN DE ACTIVIDADES DO 1º TRIMESTRE.
Visita de César Prada
Elexiuse un pintor ourensán, que destaca pola cor, liñas e a aparición nas súas obras dunha figura "A lupita" que representa según o pintor o recoñecemento, valía e admiración ás mulleres.
César Prada , debuxounos varios modelos de "Lupitas" que foron repartidos entre os nenos/as de infantil. Unha vez vista a obra de César e saber un pouco da súa vida, os nenos/as, interpretaron coas cores o seu traballo.
Posteriormente, César Prada tivo a amabilidade de visitarnos na Biblioteca. foi unha sesión bastante descontrolada de emocións, os nenos/as aproveitaron para facerlle algunhas preguntas e tamén lle contaron da súa vida. Mostraron un afecto que non vai esquecer. Tamén nos agasallou cun debuxo en directo.
Dicir que, César Prada estivo un bo rato admirando a obra dos nenos/as.
MOITAS GRAZAS CÉSAR!
Decoración de portas
Os alumnos/as de 4º de primaria fixeron un collage da obra de Piet Mondrian para decorar a porta de Biblioteca.
A árbore da vida de Gustav klimt
"Lupitas", César Prada.
"As meninas" de Velázquez
Murais "As tesoiras de Matisse"
Láminas feitas nas clases de plástica (5º e 6º de primaria), sobre a obra de Paul klee
Cores cálidos e fríos con: "El cuadrado de Mondrián quiere ser cíclope" e "La mancha de Paul klee quiere ser pirata"
Exposición - Homenaxe ao Picasso Galego (Labajjo Grandío)