sábado, 17 de decembro de 2022

GUÍA DE LECTURA, NADAL

 Aqui tedes unhas recomendacións lectoras para este Nadal. 

Recorda que un libro é o mellor agasallo.

martes, 13 de decembro de 2022

OBRADOIRO FESTIVO, DE NADAL

 Animádevos a crear na cociña, colorido e riquísimas receitas para este Nadal.

PREME NA IMAXE



luns, 12 de decembro de 2022

A MÁQUINA DE ESCRIBIR

 "La máquina de escribir" de Tom McLaughlin. 

Unha historia sobre o poder de debuxar e imaxinar historias... 

Deste contacontos, resultaron actividades en consoancia co lema deste curso  "Escribir a Biblioteca escolar".

 "La máquina de escribir" de Tom McLaughlin. Ed. Coco Books

... Pol ha encontrado una máquina. Pero es una máquina que ni pita ni zumba. Tampoco tiene botón de ON/OFF. Y no emite ninguna lucecita intermitente. Sin embargo HACE letras.Y, tal como descubre Pol, las letras pueden crear imágenes.Y las imágenes pueden narrar historias.¿Ha encontrado Pol una máquina de inventar cuentos?




Actividades:
- Ilustración da propia versión en galego.
- Debuxar caligramas.
- Debuxar pinacogramas (Debuxo con letras).
- Escribir coa máquina de escribir.


Música: A máquina de escribir de Leroy Anderson

mércores, 30 de novembro de 2022

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

 Durante este mes de novembro, habilitamos un "Recuncho cinetífico" na biblioteca. Con libros científicos, experimentos, contos sobre ciencia, xogos de ingenio, preguntas e respostas curiosas...



 Actividades científicas coa luz, a cor, o son, os sensores de ultrasóns e no laboratorio.

PREME NA IMAXE


Non faltaron os experimentos científicos:

- Que pasa cando metemos uvas pasas en gaseosa?

- Que pasa cando metemos un ovo ou un óso de polo en vinagre?

- Globo explosivo (Con ácido de laranxa).

- Lámpada de lava (Con auga, aceite e pastillas efervescentes).

- Microscopio para buscar números (Recipiente transparente, plantilla de números e un vaso de cristal).

- Area cinética - Area da lúa (Fariña, aceite de bebé e purpurina).


Area cinética

Microscopio



venres, 25 de novembro de 2022

#25N

Para celebrar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, realizamos diversas accións con espazos que promoven a igualdade de xénero, aproveitando a creatividade como ferramenta de expresión e de sensibilización.

-Durante a semana nas aulas funcionaron varios obradoiros:

- Deseña a túa camiseta.Taller de costura, deseño, patronaxe e moda.

-Murais e debuxos que se expuxeron por todo o centro.

-Globos con mensaxes para espertar unha actitude crítica cara a segregación por xénero, detectando prexuízos e estereotipos.





Celebramos un acto conxunto de todo o centro coas seguintes actividades:

-Lectura de frases de contramitos do amor romántico para crear relacións baseadas no respeto, na igualdade e na empatía. Fonte: Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e CIG-Ensino.

-Gardamos un minuto de silencio, sumándonos á proposta do "Observatorio galego contra a violencia de xénero"

-Cantamos e acompañamos con lingua de signos e percusión corporal a canción de Rozalén "A porta Violeta"

Fai clic na imaxe para ver máis


Actividades realizadas en colaboración dos equipos: Actividades Extraescolares, EDNL e Biblioteca

1ª CITA CLUB DE LECTURA

 Iniciamos as xuntanzas do club de lectura en  6º, comentando o libro : "Mil cousas poden pasar", de Jacobo Fernández Serrano. Ed. Xerais.



... Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009.



Os/as participantes, calificaron esta obra como orixinal e creativa.



Na próxima cita falaremos do libro
"El gran gigante bonachón" de Roald Dahl. Ed. Loqueleo.

 ANIMÁDEVOS!

venres, 11 de novembro de 2022

RECEITAS CON CASTAÑAS

RECEITAS CON CASTAÑAS, actividade do PDI " A cociñar", cociña festiva.

Torta de castaña, flan, biscoito, marron glacé, cremas...



RECEITAS EXTRAVAGANTES CON CASTAÑAS

O alumnado de 6º mestura tecnoloxía e cociña. A actividade consistía en escribir unha receita graciosa e variopinta con algunhas condicións: tiña que levar castañas como ingrediente e debía ser escrita cunha orde lóxica de pasos.

Despois de publicar, cada grupo, a súa receita, debían comentar e valorar as receitas dos demais respectando sempre a Netiqueta.

Actividade de biblioteca creativa dentro do itinerario do PDI "A cociñar" (Cociña festiva: receitas con castañas).

PREME NA IMAXE PARA VER AS RECEITAS



sábado, 29 de outubro de 2022

SAMAÍN SABOROSO

 Dentro da cociña festiva do noso PDI, comezamos polo "SAMAÍN SABOROSO", cheo de receitas e pócimas para degustar, crear e xogar.

...A biblioteca escolar ofrece oportunidades de recursos para escribir e escribirnos: Arte que comunica, alimenta e arrepía. 

MENÚ DE SAMAÍN

- Tartaleta de cabaza:

Ingredientes: 

- Cabaza cocida (medio kilo)

- Doce de leite (200grs)

- Iogur de vainilla (2u)

- Zume de laranxa (1 medida iogur)

- Coco relado para decorar.

Mesturar tódolos ingredientes e encher as tartaletas. Riquísimas!


- Froitas terroríficas:

Cabazas con mandarinas, monstros con mazás e pantasmas con plátanos. Un almorzo saudable e divertido. 


- Fábrica de galletarañas:

O alumnado de Infantil, na aula ABN, fabricou series de galletas segundo os encargos que recibían do dado. O molde das galletarañas, creouse coa impresora 3D.
Outra posibilidade de xogo matemático é tirar o dado fabricar as galletarañas. tirar de novo o dado por turnos e reaxustar  o número de galletarañas ... fabricar máis ou retirar?


- Pócima Saborosa de Samaín:

Para este xogo matemático, reciclamos tapóns, caracterizados con arañas, ollos de zombi, esqueletos... que serán os ingredientes da pócima. Tiramos un dado que indica a cantidade, levantamos o tapón laranxa que indica o ingrediente que temos que botar no pucheiro. Facemos o conxuro e remexemos. Tamén se ecribe a propia receita. 


-  Dedos terroríficos con salchichas e améndoas:

PREME NA IMAXE PARA VERA SÚA ELABORACIÓN

BO PROVEITO!

Recomendación lectora:

Escarlatina, a cociñeira defunta. Ledicia Costas. Ed. Xerais.

... Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.



Yara, unha alumna de 5º, quixo recrear este libro nun diorama.



luns, 24 de outubro de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 O 24 de outubro, celebramos o día das bibliotecas, baixo o lema BiblioTEcuida.

Nós aproveitamos esta conmemoración para presentar as novidades, o PDI que se vai a desenvolver ao longo do curso "A COCIÑAR" e algunhas recomendacións de lecturas.

 O equipo de biblioteca presentou nas aulas as novidades.


Os libros relacionado co PDI, podédelos encontrar nesta caixa na biblioteca.


NOVIDADES

El mundo de los cuentos. Ignasi Valiosi i Buñuel. Ed. Anaya.

...Trata de averiguar qué personajes de cuento se esconden en las ilustraciones de este libro. Después, para comprobar si has acertado o no, ilumina las páginas con la linterna y míralas de nuevo a oscuras: ¡verás que los personajes aparecen de manera mágica, misteriosa y sorprendente!



Dioramas de: O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas. Iago López. Xerais

...Hoxe celébrase a festa de aniversario do rei e o cociñeiro Martiño quere preparar a súa mellor torta de cenoria. Mais cando chega á horta... as cenorias desapareceron! Martiño vai necesitar moita axuda para que a torta chegue a tempo ao festexo.




Cando leo. Eva Mejuto. Xerais
...Todo é posible cando nos poñemos a ler e nos deixamos levar polas páxinas dun libro. Todo é posible, sobre todo o imposible. Eva Mejuto e Bea Gregores unen os seus talentos creativos para render unha intensa e emotiva homenaxe á lectura e ao seu poder para transformar o mundo.


El pequeño chef. Patricia Geis Conti. Ed. Combel.

...Ayuda a Pequeño Gato a convertirse en un buen chef para trabajar en La sardinita, un restaurante food-truck. Un libro interactivo con solapas, sorpresas y hasta ¡un restaurante pop-up!



luns, 17 de outubro de 2022

DÍA DAS ESCRITORAS

Hoxe celebramos o día das escritoras para  reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.


A actividade proposta foi: 

1.- Dada unha lista de escritoras, buscar nos andeis os seus libros. 

2.- Os voluntarios/as da búsqueda, subiron ás aulas para propoñer aos seus compañeiros/as un reto: Que teñen en común os libros presentados?

Tamén comprobamos a formación do alumnado como usuarios da biblioteca.




En todos os cursos chegaron á mesma conclusión.


Entrega de marcapáxinas para conmemorar este día.


martes, 11 de outubro de 2022

" ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR"

 Este é o lema que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publica  para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2022/2023.

lettering Belén L. Méndez

... A biblioteca escolar ofrece oportunidades e recursos para escribir e escribirnos:

- Escribir para saber, para aprender.
- Escribir para comunicar e comunicarnos.
- Escribir relatos, historias.
- Escribirnos, coñecernos a través da escrita: diarios, axendas, biografía...
- Escribir xuntos en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros, wikis…
- Escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía…
- Escribir para deixar pegada e preservar a memoria individual e colectiva.
- Escribir para incluír e visibilizar.
- Traducir.
- Reescribir, versionar e adaptar.
- Escribir no audiovisual: guións, escaletas.
- Escribir para estimular a creación.



martes, 27 de setembro de 2022

Presentación do PDI "COCIÑA"

Comezamos o curso coa prensentación do PDI "Cociña". Ao longo do  curso desenvolveremos o contido do proxecto con actividades, obradoiros, consellos saudables, gastronomía internacional e boas prácticas.

RECUNCHO CREATIVO

 Este curso, habilitamos un espazo anexo á biblioteca, para montar o noso Recuncho Creativo. Un lugar onde relaxarse coa lectura, disfrutar dos xogos de mesa individual ou en equipo.

 

 



 

sábado, 4 de xuño de 2022

5ª CITA CLUB DE LECTURA

 Rematamos o club de lectura de 6º, co libro: "O que lle aconteceu a Barnaby Brocket" de John Boyne.

Un libro que trata as diferenzas e a diversidade nun mundo pouco tolerante. Despois de debater e comentar, entregáronse cadanseu libro como agasallo por ter participado no Club de Lectura, os tres últimos cursos.

"O que lle aconteceu a Barnaby Brocket" de John Boyne.

O terceiro fillo do señor e da señora Brocket naceu desafiando a lei da gravidade. Os seus pais son fanáticos da "normalidade" e non aturan que o neno teña a rara habilidade de flotar. Tras botalo da casa, Barnaby coñece mundo e fai amigos que, coma el, representan a diferenza e a diversidade.




PARABÉNS LECTORES/AS!

sábado, 28 de maio de 2022

RESUMO DE ACTIVIDADES "PDI ECOmundi"

 ECOmundi, acompañounos ao longo do curso neste proxecto desenvolvido pola biblioteca de xeito interdisciplinar. Plantexándonos actividades, retos, recomendacións... para manter un planeta sostible, sudable e unha filosofía ecolóxica de vida.

O PDI "ECOmundi", estivo estructurado en catro líñas de  creación: lixoGUETES, reciclARTE, instrumentos musiEcolóxicos, moda ECOmplementos.

Presentamos unha pequena mostra das actividades:

lixoGUETES

Xeoplanos con caixas de cartón e outros materiais de refugallo.

PREME NA IMAXE


Xogos de ciencia: Máquinas simples.



Creación dun Tear.


Xogo matemático para sumar no taboleiro. 
Cada galiña pon media ducia de ovos. Tiramos un dado por turnos, colocamos no panel de bombóns que está numerado, tantos ovos coma o número que indique o dado e ímoslle sumando o número que saque o seguinte participante. A primeira galiña que quede sen ovos, terá que bailar o baile da galiña.

Este material tamén foi utilizado como recurso no xogo Cluck, Cluck


Raqueta.
Quebracabezas de tea.


Laberinto.


Teléfono de emerxencia entre aulas.


ReciclARTE

Escultura con material de reciclaxe para recrear a obra de  Joan Miró.


Creación de estructuras  con rolos de reciclaxe, para elaborar a guía de lectura de nadal.

Decoración dun expositor inspirándonos no libro de Britta Teckentrup "El árbol de la Amistad" Para o día da Paz.

Actividade Lúdico-plástica, con casca de ovo de paspallás e arxila, sobre o conto "¡Alguién se ha tragado a Lola!" de Sarah Roberts. 


Instrumentos musiECOLÓXICOS

Démoslle un segundo uso ao material de refugallo e transformámolo en instrumentos musicais: De percusión, de vento e de corda.
Interpretación da canción "A horta de Balbina" de María FumaÇa, con ukelele.


Moda ECOmplementos

Pulseras de reciclaxe co símbolo da paz.
Talleres de confección de distraces, por un entroido sostible e ecolóxico.




Moedeiros con papel de revista.



Bolso Ecomundi, reutilizando camiseta.


Carteis e murais








Pensa as cousas que podes facer co material, antes de tiralo ao lixo, quedarás asombrada/o.

O Planeta está nas túas mans!!