Xa chegou o día da xuntanza para comentar o libro: " Perigo vexetal, de Ramón Caride". Neste encontro falouse do argumento, personaxes, ecoloxía... Propúxose un xogo de adiviñas para rematar a sesión. Os/as asistentas valoraron este libro con moi boa nota (9 e 10 sobre 10).
Próxima cita será o 28 de xaneiro. Para debater, comentar o libro: "Cara de velocidade de Marga Tojo"
Esta actividade forma parte do programa educativo do concello de Ourense, realizada no noso centro para nenos/as de 5º e 6º de infantil.
Xogando traballouse a observación, memoria, expresión oral e corporal, coordinación e coñecemento de palabras en lingua galega sobre diferentes temáticas...
Esta actividade ten como obxectivos:
Potenciar o traballo en equipo.
Aumentar o vocabulario da nosa lingua.
Crear unha comunicación afectiva e directa na que os alumnos e alumnas participen activamente.