Dende a Biblioteca realizáronse varias actividades para celebrar a festa tradicional do SAMAÍN.
- Xunto co ENDL (Equipo de normalización e dinamización lingüística), exposición de cabazas na entrada do cole.
- Decoración exterior (Belén, responsable do comedor).
- Lectura de contos e adiviñas na escuridade, para infantil.
- "As Bruxiñas da letra R", contado por alumnos/as de 4º para os alumnos/as de 1º de primaria.
- Lectura de relatos de medo, premiados no "III concurso de relatos curtos de Medo".
Se queredes saber máis sobre esta festa ... PREME NA IMAXE