O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. Este curso , nunha contorna excepcional. Compartimos o lema da ONU:" Poesía, expresión lingüista da nosa humanidade común".
E unímonos ás propostas das Bibliotecas escolares galegas, promovendo a lectura de poesía a distancia.
OBRADOIRO DE POESÍA
AQUÍ quedan algunhas propostas
Así responderon os nosos alumnos/as ás propostas do "Obradoiro de Poesía". Entra no enlace para ver:
- Poemas con problemas.
- Poemas diamante.
- Poesía titulada: "As vacinas".
- Como se debuxa unha paisaxe de Gloria Fuertes.
- Xogos de palabras.
- Acrósticos.
- Adiviñas inventadas.
- Corentena a ritmo de verso.
Poemas diamante
Como se debuxa unha paisaxe de Gloria Fuertes
Moitas grazas, pola vosa participación.
Podemos ler: Unha poesía de Ricardo Carbahlo Calero, homenaxeado este ano nas "Letras Galegas"
FERROL 1916
Cinco duros pagábamos de aluguer.
Era um terceiro andar, bem folgado.
Pola parte de atrás dava para o Campinho,
e por diante para a rua de Sam Francisco.
No segundo vivia a minha tia aboa:
Tiña unha peza cheia de paxaros disecados
que só abria os dias de festa
para que os nenos disfrutásemos nela.
Ainda vivia minha mãe
e todos os meus irmaos viviam,
e em frente trabalhava o senhor Pedro o tanoeiro,
e a grande tenda de efeitos navais mantinha o seu
trafego.
Na casa tinhamos pombas
e, por suposto, un grande gato mouro;
e o mue pai era novo ainda
e no mar do mundo cada dia descobria eu unha
ilha.
Via o mar da minha fiestra,
e chegavam cornetas da marinha.
E baixava os degraus duas vezes ao dia para ir à
escola,
e duas vezes rubia-os de volta.
As mulheres entom usavam capa e corsé,
e íamos à aldeia em coche de cavalos,
e a rua estava ateigada de pregons de sardinhas
e de ingleses que vendiam Bíblias.
Eu tinha un pacto con Deus:
que ninguén dos meus morreria.
E o pacto era observado,
e eu confiaba na perenidade do pacto.
Todo isto fica tam longe
que aduro podo ainda lembrá-lo.
Esqueceria-o dentro de pouco tempo
se non escrebese estes versos.
FELIZ DÍA DA POESÍA, NA DISTANCIA!