... "A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón'
céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo
acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e
circunstancia."
As propostas para esta celebración están pensadas nas circunstancias
COVID-19, polo que animamos ao profesorado a participar dende as aulas co
alumnado nos seguintes obradoiros do proxecto: "Idade Media"
- Caligrafía medieval
- Imitación de códices
Vocabulario do Samaín con caligrafía do medievo.
Despois de ler esta edición do xornal-medieval, "Érbedo dixital".
Quedamos o día 27 de outubro para facer o primeiro club de lectura on-line. Sobre o libro de Jacobo Fernández Serrano: "A avoa power"
RESUMO:
O temible ladrón Blake the Tiger anda facendo das súas na Costa das Patacas.
Alí chegan Marcopola, Libro e Dragoneta para axudar a Seara, a avoa de
Libro, a resolver a desfeita. Seara, como todas as avoas, é quen de facer
cousas incribles, mais só ela é coñecida na vila como Avoa Power. Por que
será?
Así foi a cita on-line, participaron 8 alumnos/as de 5º de primaria. Falamos do libro de banda deseñada "Avoa Power" e calificáronno como divertido, cómico e emocionante.
A experiencia foi moi gratificante tanto para os alumnos/as como para o profesorado.
O día 23 faremos entrega de marcapáxinas.
Para saber máis preme no cartel.