Na terceira reunión do club de lectura, estes alumnos de 5º comentaron a obra de Manrique Fernández "Hermes, aprendiz de mago" un texto teatral que gustou á maior parte do grupo.
Por parellas remataron a sesión cunha lectura dramatizada dalgúns momentos salientables da obra.
"Hermes, aprendiz de mago", Manriquez FernándezVelaquí a historia dun mago zoupón, que case que todo o que fai... sae mal.
Así e todo, ten ganas de aprender. Unha obra divertida onde os pucheiros, as vasoiras e as partes todas da casa falan e volven máis tolo aínda o noso protagonista.
Próxima cita... no mes de marzo, comentaremos o libro "Bechopoemas" de Leire Bilbao.
Anímate!!