Desde os mandados do MECO, confección de disfraces na que colaboraron tamén as familias, e baile con coreografía ("Madre Tierra", de Chayanne), foi unha semana de ENTROIDO con mensaxe, para concienciar sobre a importancia de Reciclar, Reutilizar e Reducir para unha mellor saúde do noso planeta. (Actividades dentro do PDI "ECOMUNDI").
Os noso difraces foron:
- Súper Héroe-Heroína da reciclaxe (Plástico-Vidro-Papel)
- Trasnos do bosque.
- Espantallos de refugallo.
- Caixa-Robot.
- Tribo dos Kayapo (Traxes feitos de saco, inspirados no libro "A folla azul" de Andrea Maceiras).
A TRASTENDA DO ENTROIDO