Dentro da "Cociña festiva", do noso PDI, temos as receitas de Paz que con moito: Amor, Tolerancia, Respecto, Amizade... imos degustar.
Inspirándonos no libro "A mellor sopa do mundo" de Susana Isern.
...Tartaruga estaba preparando a comida. Sorprendidos por unha tormenta de neve, varios animais refúxianse na casa de Tartaruga que, nese momento, poñía a auga a ferverpara preparar unha sopa. A medida que van chegando, os hóspedes ofrécenlle: cenorias, froitos vermellos, cebolas, mel e outros moitos ingredientes para que bote na ola.Mentres, fóra escurece e o frío chega. Dentro da casa, os convidados comparten un bo momento e colaboran na preparación da cea. Cando proban a sopa, todos cren que é a mellor do mundo e, abraiados, pensan que Tartaruga engadiu algún ingrediente especial que eles descoñecen. Tartaruga engadiu algún ingrediente especial que eles descoñecen.
- Do libro "Ring Ring...! Quien rima?" de Ana María Fernández.
... Sus versos sirven de guía para visitar espacios muy diferentes y para hacer germinar sensaciones que ayudan a contemplar la realidad circundante con nuevas perspectivas.
Tomamos unha rima: A PAZ sábenos a ...
Contacontos con: ANXO MOURE
Anxo Moure, presentounos nun contacontos, ao cociñeiro intercultural Mohamed Quechua que vai a viaxar no seu veloz paztinete por todo o país, axudado por monicreques tecidos por cooperativas do comercio xusto. Cociñar cantos e contos sobre CONVIVENCIA e a SOLIDARIEDADE, promovendo o bailar das nenas e nenos en contra das gerras e a favor da PAZ.
Ambientación pola PAZ
Todos e todas baixo o mesmo paraugas.
Decoramos os paraugas con mensaxes e símbolos da PAZ, para facer xuntos unha danza pola paz.