xoves, 20 de xuño de 2024

CONTACONTOS CON SABELA GAGO

 Hoxe recibimos na nosa biblioteca a Sabela Gago, veunos  contar un conto moi viaxeiro e animado.


Grazas Sabela polo ben contar!

CLUB DE LECTURA

 Nesta sesión, reuníronse alumnos de 4º de primaria, para comentar varias fábulas de Esopo, que lles gustaron moito; tamén leron un diálogo: "O cascabel do gato" .



luns, 17 de xuño de 2024

PETISCOS PARA PICAR


 Xa estamos rematando o curso e que mellor maneira de celebralo que con estes deliciosos
petiscos que nós mesmos elaboramos. Preparamos un delicioso zume de limón e comprobamos o aprendido na clase de matemáticas, sobre medidas e capacidade.

BO PROVEITO!

mércores, 5 de xuño de 2024

CLUB DE LECTURA

Voluntarios/as de 2ºP, xuntáronse nunha sesión para comentar, debater e escenificar no teatrillo o libro: 

"MAO TIANG Pelos Tesos" de Monserrat Del Amo

... Na afastada China está a ocorrer algo extraordinario: a Vella Emperatriz convocou un concurso entre todos os habitantes do Imperio para elixir o que vai ser o futuro Emperador e o home da princesa Yin Li.
Os apirantes chegan por centos, por milleiros, ante as portas do Palacio Imperial.Mao Tiang Pelos Tesos, un mozo coidador de parrulos, é sen dúbida o máis humilde, torpe e despistado de todos eles…, aínda que o seu espírito optimista, valente e xeneroso talvez nos reserve algunha sorpresa.



CASA EN 3D

 Unha casa foi o que construíron os alumnos/as de 2ºP, troquelando e utilizando as pezas dun quebracabezas en 3D.



ACHEGÁNDONOS Á PREHISTORIA

 Asi foi como o alumnado de 2ºP, fixo un pase pola prehistoria: recreando as súas pinturas, elaborando utensilios e creando a través de elementos naturais (pedras), animais prehistóricos.



EXPRESION ORAL

 Os nenos/as de 1ºP, inventaron un pequeno conto para traballar e mellorar a expresión oral,  representáronno nun teatro de sombras que eles/elas mesmas contruíron.