mércores, 5 de xuño de 2024

CLUB DE LECTURA

Voluntarios/as de 2ºP, xuntáronse nunha sesión para comentar, debater e escenificar no teatrillo o libro: 

"MAO TIANG Pelos Tesos" de Monserrat Del Amo

... Na afastada China está a ocorrer algo extraordinario: a Vella Emperatriz convocou un concurso entre todos os habitantes do Imperio para elixir o que vai ser o futuro Emperador e o home da princesa Yin Li.
Os apirantes chegan por centos, por milleiros, ante as portas do Palacio Imperial.Mao Tiang Pelos Tesos, un mozo coidador de parrulos, é sen dúbida o máis humilde, torpe e despistado de todos eles…, aínda que o seu espírito optimista, valente e xeneroso talvez nos reserve algunha sorpresa.