venres, 28 de novembro de 2025

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

 Dende o 19 ao 28 de novembro, a Biblioteca convirtiuse nun espazo de observar, fedellar, experimentar e aprender coa ciencia. Utilizamos como tema dinamizador a temática do PDI deste curso "Animaliños".

Recuncho de pequenos científicos-experimentos.
Neste recuncho os nenos e nenas, experimentaron e obtiveron respostas ao 
por que?
Da flotabilidade de obxectos, impermeabilidade das plumas, elasticidade dos ósos cando permanecen un tempo en vinagre, a graxa dos animais do artico como illante térmico, camuflaxe, hidratación da algas e observación de cambios físicos, flotabilidade da mandarina pelada pola forza centrípeda, observación de radiografías de animais…

Recuncho escribimos ciencia.

Propostas:

- O meu animal favorito…
- Descubrimos un novo animal… en noticia ou comic.
- Artigo de divulgación ou infografía dixital, sobre un animal investigado.
- Deseñar animais con superpoderes
- Inventa animal, deseñar híbridos funcionais e explicar a súa bioloxía.
- Creae unha linguaxe animal secreta con símbolos e sons.


Recuncho investigadores do coñecemento.
Exposición de libros en préstamo sobre ciencia.


Recuncho pequenos exploradores-Robótica
Descubre, programando o escornabot: animais polo nome, polos ollos, pel, pegadas…

Paso polos diferentes recunchos.



Nas clases de ciencias tamén fixemos experimentos e propostas STEM:
- Por que hai insectos que camiñan pola auga sen afundirse? - Tensión superficial da auga
- A auga que vai costa arriba - capilaridade
- As flores que se tinguen - capilaridade e vasos condutores das plantas.
- A clara que non cae - desnaturalización da clara. A función plástica das proteínas.
- O ovo saltarín - reaccións químicas e ósmose .
- Microscopio e células.
- Creación dun horto e corte coa cortadora láser dos carteis indicadores das sementes plantadas.



- Construción dun dique con Lego - STEM



Información curiosa e sorprendente