martes, 2 de abril de 2019

VISITA AO PAZO DA CULTURA EN PONTEVEDRA


O ALUMNADO DE 3º CONVIDADO AO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA.

Tras o traballo dunha secuencia didáctica sobre o texto literario (CONTO) durante un trimestre, o alumnado de 3º de primaria escribiu en equipo cinco contos a partir da análise de obras de arte italianas (enmarcado dentro do proxecto da biblioteca sobre Italia).

Unha vez escritos, revisados e maquetados, foron convidados polo Salón do libro de Pontevedra, como centro colaborador. Deste xeito, as súas creacións foron expostas dende o 22 de marzo ao 12 de abril.
O día 1 de abril fomos de excursión ata a cidade pontevedresa para ver in situ os seus escritos. Alí participaron nun obradoiro de escritura antiga, e ademáis tivemos unha visita guiada á exposición, que este ano versaba sobre a REVOLUCIÓN.
Foi unha experiencia moi emocionante e motivadora para seguir escribindo!


PREME NA IMAXE PARA VER A EXPERIENCIA