O ALUMNADO DE 3º CONVIDADO AO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA.
Tras o traballo dunha secuencia didáctica sobre o texto
literario (CONTO) durante un trimestre, o alumnado de 3º de primaria escribiu
en equipo cinco contos a partir da análise de obras de arte italianas
(enmarcado dentro do proxecto da biblioteca sobre Italia).
Unha vez escritos, revisados e maquetados, foron convidados
polo Salón do libro de Pontevedra,
como centro colaborador. Deste xeito, as súas creacións foron expostas dende o
22 de marzo ao 12 de abril.
O día 1 de abril fomos de excursión ata a cidade
pontevedresa para ver in situ os seus escritos. Alí participaron nun obradoiro
de escritura antiga, e ademáis tivemos unha visita guiada á exposición, que
este ano versaba sobre a REVOLUCIÓN.
Foi unha experiencia moi
emocionante e motivadora para seguir escribindo!
PREME NA IMAXE PARA VER A EXPERIENCIA