martes, 21 de abril de 2020

DÍA DA TERRA

O 22 de abril, celébrase o "DÍA DA TERRA", este día é para concienciar, comprometerse, reflexionar sobre a contaminación, problemas ambientais… que amenazan ó noso planeta.
A orixe desta conmemoración, foi o 22 de abril de 1970, cando millóns de cidadáns dos EEUU, manifestáronse e movilizáronse xunto coa activista Gaylord Nelson, para sensibilizar e aumentar a conciencia social do planeta.
LeMundi, quere celebrar o seu día, animándonos a practicar:  

As 3R
 Reduce-Recicla-Reutiliza

Propoñemos un taller de reciclaxe:
- Crea o teu propio xardín, podes guiarte por este video, pero non esquezas  a túa imaxinación.

- Constrúe un robot, inspírate no libro, que recomendamos ler na semana do libro :"Fred Quincalla, o nómade do mar".Teresa G. Costa, ou neste vídeo, a túa aportación tamén é moi importante.



Xa podemos ver as primeiras creacións reciclando e reutilizando.

Preme na imaxe
Na distancia, imos recordar o parón que fixemos polo "Día do clima", para non esquecer aquelas mensaxes que escribimos e defendemos.